Inicio Galicia A Xunta inviste 77.600 euros en tres cursos para persoas desempregadas que...

A Xunta inviste 77.600 euros en tres cursos para persoas desempregadas que acollerá a unidade de acción formativa de Monforte de Lemos

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria ofrece case medio cento de prazas nas especialidades de floraría e instalación de mobles

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 77.600 euros á posta en marcha de tres cursos para traballadores desempregados na Unidade de Acción Formativa de Monforte de Lemos.

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que a programación do centro para o vindeiro ano suma case medio cento de prazas en dúas especialidades: floraría e instalación de mobles. O obxectivo dos cursos é mellorar a empregabilidade dos participantes proporcionándolles novos coñecementos en especialidades con boas perspectivas de integración no mercado laboral.

Balseiro explicou que os participantes que superan as actividades de formación acceden a un certificado de profesionalidade, que os habilita para exercer o oficio aprendido en todo o Estado. Os alumnos son seleccionados a través das oficinas de emprego, se ben os traballadores ocupados que estean interesados na materia poden optar ata a un 25% das prazas no caso de que non se cubriran en primeira instancia.

A consellería vén de seleccionar ás entidades que se encargarán de impartir as diferentes accións formativas. O primeiro curso en poñerse en marcha en Monforte será o de Actividades auxiliares en floraría, que se impartirá entre o 13 de xaneiro e o 20 de abril do 2020.

No mes de marzo comezará un curso sobre Instalación de mobles que se prolongará ata o mes de setembro. Igualmente, entre maio e setembro desenvolverase unha acción formativa sobre Actividades de floraría.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre