Inicio Galicia A Xunta inviste 42.000 euros na substitución de ventás para mellorar o...

A Xunta inviste 42.000 euros na substitución de ventás para mellorar o illamento e a eficiencia enerxética na escola infantil Sagrado Corazón de Lugo

0

O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, explicou que as obras quedarán rematadas esta semana 

A Xunta de Galicia está a executar obras de mellora na Escola Infantil Sagrado Corazón (Lugo), onde están a ser substituídas as carpinterías metálicas existentes, constituídas por perfís de aluminio simple e ventás corredeiras, por outras ventás de PVC abatibles con cristais dobres.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a actuación supón un investimento de 41.800 euros e está moi avanzada, polo que se prevé que quede rematada esta mesma semana, antes do inicio do vindeiro curso nesta escola (de 0 a 3 anos) dependente da Consellería de Política Social.

A actuación inclúe así mesmo o cambio da galería de aluminio existente por unha de PVC. Segundo destacou Balseiro, con esta intervención acadarase unha mellora significativa no illamento e, polo tanto, na eficiencia enerxética do edificio. Así, a nova instalación suporá a diminución dos custos de calefacción e unha redución nas emisións de CO2.

O delegado salientou que a Xunta traballa co obxectivo de que as nenas e nenos teñan as mellores instalacións, favorecendo ambientes adecuados ás súas necesidades. Nese sentido, cómpre lembrar tamén que Política Social vén de abrir -o día 24 de agosto- o prazo de presentación de solicitudes para a concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais.

Esta convocatoria conta cun crédito total de 712.000€, para subvencionar tanto as obras menores de adecuación e mellora das devanditas infraestruturas como obras novas que non precisen de proxecto técnico e melloren a accesibilidade ou doten ao edificio de servizos necesarios. Así mesmo, entran dentro desta orde de axudas a adquisición e mellora do equipamento do centro, incluída a compra de mobiliario interior e exterior e material didáctico e de xogo. A convocatoria tamén subvenciona a dotación de conexión a internet e a compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre