Inicio Galicia A Xunta inviste 30.000 euros no mantemento, conservación e accesibilidade da Fundación...

A Xunta inviste 30.000 euros no mantemento, conservación e accesibilidade da Fundación Eduardo Pondal

0

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o xerente da fundación, José María Varela, asinaron hoxe un convenio de colaboración que estará vixente ata o 31 de decembro de 2019


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o xerente da Fundación Eduardo Pondal, José María Varela, asinaron hoxe un convenio de colaboración co obxectivo de realizar actuacións de mantemento, conservación e accesibilidade en dita institución que mellorarán a experiencia dos seus usuarios.

Deste xeito, a Xunta de Galicia achega máis de 30.000 euros para a posta en marcha destas melloras previstas no acordo, que estará vixente ata o 31 de decembro de 2019.

A Fundación dedicada ao pontecesán, constituída no ano 2006, ten por principal obxectivo promover e divulgar a obra do escritor e a cultura galega en xeral. Para elo, desenvolve actividades literarias, artísticas, musicais e outras de natureza análoga, destinadas a promover esta figura clave do Rexurdimento.

A creación desta Fundación supuxo un foco de atracción importante na zona de Ponteceso e e o seu espazo físico representa un lugar de encontro interxeracional daquelas persoas que desexan afondar máis na vida e obra do escritor galego.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre