Inicio Galicia A Xunta inviste 2 millóns de euros na rehabilitación de oito edificios...

A Xunta inviste 2 millóns de euros na rehabilitación de oito edificios no conxunto histórico de Betanzos

0

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar as obras para a recuperación dunha construción emprazada na rúa Torre 17, cun orzamento de 191.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda está a investir 2 millóns de euros na rehabilitación de 7 inmobles no conxunto histórico de Betanzos, aos que se engade un nova actuación, tras adxudicarse esta semana as obras de recuperación doutro edificio emprazado na rúa Torre 17.

Neste inmoble da rúa Torre 17, a Consellería realizará un investimento de preto de 192.000 e a intervención prevista permitirá obter unha vivenda rehabilitada.

Esta nova actuación únese ás obras que xa están en execución no centro histórico de Betanzos, nos inmobles da rúa Cerca 9 e 13 e Venela de Clérigos 13, nos que se obterán cinco vivendas e dous locais comerciais e nas que a consellería está a investir máis de 1 millón de euros. No marco destas intervencións de rehabilitación do centro histórico deste municipio coruñés, engadir ás obras adxudicadas a comezos deste mes de xullo para a recuperación dos inmobles da rúa Cerca 45, 47 e 49, que cun investimento superior aos 576.000 euros permitirá ter catro novas vivendas.

Tamén están adxudicadas as obras de rehabilitación doutro edificio na rúa Nova 75, que permitirá obter dúas vivendas. Esta intervención adxudicouse por máis de 252.000 euros.

No seu conxunto, con estas rehabilitacións, obteranse 12 vivendas e dous locais comerciais.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre