Inicio Galicia A Xunta inviste 1,3 millóns de euros en melloras na residencia de...

A Xunta inviste 1,3 millóns de euros en melloras na residencia de maiores Nosa Señora dos Miragres de Barbadás

0

Leváronse a cabo actuacións de eficiencia enerxética como o illamento das cubertas, a instalación de novas caldeiras de biomasa ou a renovación do sistema de calefacción

A Consellería de Política Social, Fabiola García, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta mañá as instalacións da residencia Nosa Señora dos Miragres, en Barbadás, onde se están a finalizar as obras de eficiencia enerxética. Trátase dunha actuación para a que a Administración autonómica destinou 1,3 millóns de euros.

En concreto, realizouse o illamento das cubertas, instaláronse novas caldeiras de biomasa e renovouse o sistema de calefacción e instalouse gas cidade, por ser máis respectuoso co medio ambiente. Nesta liña, Fabiola García destacou que o Goberno galego seguirá realizando melloras nas residencias públicas galegas para garantir o benestar e a comodidade dos usuarios e os traballadores.

A conselleira de Política Social sinalou que a Administración autonómica busca darlle ás persoas maiores os mellores coidados, un cometido ao que lle dará continuidade en 2020. Así, para o vindeiro exercicio increméntanse nun 5,2% os orzamentos para a atención á dependencia, ata chegar aos 450 millóns de euros, isto é, seis de cada dez euros xestionados pola Consellería.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre