Inicio Galicia A Xunta inviste 1,3 M ? en axudas a programas de entidades...

A Xunta inviste 1,3 M ? en axudas a programas de entidades de iniciativa social para mulleres en situación de especial vulnerabilidade

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destas subvencións para financiar programas de atención integral que inclúan servizos de orientación, atención psicolóxica ou asesoramento xurídico e laboral


O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para que desenvolvan programas integrais de atención dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. O orzamento para este ano ascende a 1,3 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020. O crédito reservado para estas axudas incrementou este ano nun 43% respecto á contía inicial de 910.000 euros consignada o ano pasado, que foi ampliada con ase 429.000 euros, que permitiron aumentar o número de entidades beneficiarias ata as 69. As actuacións financiadas teñen como obxectivo fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír a reducir a dobre discriminación en que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade, e para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral.

Terán consideración de mulleres en situación de especial vulnerabilidade, entre outras, as vítimas de violencia de xénero ou de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou trata de persoas; inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas; pertencentes a minorías étnicas; dependentes do consumo de substancias tóxicas ou en procesos de rehabilitación; perceptoras de rendas de integración, subsidios ou prestacións; reclusas ou ex-reclusas; procedentes de institucións de protección ou reeducación de menores; transexuais ou con conflitos de identidade de sexo; con discapacidade ou enfermidade mental; embarazadas ou lactantes sen apoio familiar ou sen recursos; maiores ou viúvas; sen fogar; con residencia en concellos rurais ou desempregadas de longa duración.

Ao abeiro destas axudas fináncianse dous tipos de programas; un deles sobre recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de tres anos e en situación de especial vulnerabilidade; e outro de atención especializada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, pertencentes a un ou varios colectivos. As actuacións que se deberán desenvolver no marco destes programas inclúen servizos de orientación e información, atención psicolóxica, asesoramento xurídico, mediación intercultural e/ou familiar, apoio e orientación laboral, ou actividades para adquisición de habilidades persoais e sociais básicas.

As entidades interesadas teñen un mes de prazo para presentar as súas solicitudes por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre