Inicio Galicia A Xunta inviste 120.000 euros na construción de beirarrúas e aparcadoiros na...

A Xunta inviste 120.000 euros na construción de beirarrúas e aparcadoiros na vía principal do parque empresarial de Portomarín

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria fomenta a modernización dos polígonos para incrementar a competitividade das empresas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste 120.000 euros na execución de beirarrúas, aparcadoiros e outras instalacións na vía principal de acceso ao parque empresarial de Portomarín.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, realizou unha visita xunto co alcalde, Juan Serrano, e destacou que esta intervención suporá unha mellora das prestacións e da seguridade para vehículos e peóns no parque empresarial.

Ademais, con estes traballos remata a urbanización -tanto no que corresponde á estrada como á dotación de servizos básicos- no entorno da parcela na que se prevé que constrúa as súas instalacións a empresa galega Coren, o que redundará na xeración de arredor de medio cento de postos de traballo contribuíndo á dinamización económica e social da comarca.

A actuación consiste na construción de novas beirarrúas e dunha zona de aparcadoiro. Tamén se realiza a canalización para o futuro soterramento da iluminación pública, a instalación de abastecemento de auga potable e do sistema contra incendios, a obra civil para o soterramento da liña de baixa tensión, e a instalación de saneamento, separativa de residuais e pluviais, incluídos os sumidoiros.

Leer más:  Contratos con Eulen y servicio de rastreo de la covid, entre los documentos exigidos a Xunta en la Comisión del Congreso

Balseiro explicou que a Xunta achega o 80 por cento do custo das actuación ao abeiro dun programa de axudas para a habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais, que ten por obxectivo acometer a renovación destas infraestruturas para evitar a súa obsolescencia ou habilitar outras novas non previstas na súa orixe.

As achegas tamén atenden ás novas necesidades en materia de comunicación, enerxéticas ou de adecuación ás exixencias de normas posteriores á creación dos parques, e ao incremento e mellora de servizos comúns de carácter xeral que permitan unha actualización permanente en beneficio das empresas instaladas.

En suma, afirmou Balseiro “esta convocatoria, de carácter anual, busca a constante mellora competitiva de oferta de solo empresarial como elemento dinamizador da economía e do emprego local”.


- Te recomendamos -