Inicio Galicia A Xunta investiu preto de 50.000 euros o ano pasado en Portas...

A Xunta investiu preto de 50.000 euros o ano pasado en Portas para melloras ambientais e de equipamento

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, achegouse hoxe ao concello de Portas para comprobar de primeira man os resultados dos traballos realizados ao abeiro das convocatorias de axudas deste departamento autonómico. En total, o ano pasado o concello pontevedrés recibiu preto de 50.000 euros a través destas ordes.

Durante a súa visita, Alfonso Rueda estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e polo alcalde da localidade, Víctor Estévez. Alí, destacou a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza.

Máis en concreto, as axudas do ano pasado permitiron, por unha banda, mellorar a rede de saneamento da parroquia de Lantaño, grazas ás axudas do Fondo de Compensación Ambiental, unha iniciativa posta en marcha no ano 2010 e que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.

Por outra banda, ao abeiro da orde de infraestruturas, en Portas esta vez puido acometerse a mellora de liñas aéreas de iluminación pública no contorno da estrada EP-8101.

Este ano, o orzamento do Fondo de Compensación Ambiental, así como da Orde de Infraestruturas -tamén dirixida a concellos-, supera entre ambas os 13 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre