Inicio Galicia A Xunta investiu máis de 10M? nos últimos cinco anos en case...

A Xunta investiu máis de 10M? nos últimos cinco anos en case un milleiro de proxectos de asociacións veciñais

0
image_gallery.jpg

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo balance hoxe en comisión parlamentaria desta orde de axudas, que na convocatoria deste ano contou cun orzamento de 2,5 millóns de euros e 190 organizacións beneficiarias


A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou hoxe en comisión parlamentaria a aposta da Xunta para apoiar a dinamización da vida local e a consolidación do tecido asociativo a través da convocatoria anual de axudas que lles permitan ás asociacións de veciños, comunidades de usuarios de auga e asociacións de mulleres rurais manter a actividade e mellorar os servizos dirixidos á veciñanza.

Así, o Goberno galego investiu preto de 10,5 millóns de euros nos últimos cinco anos destinados a financiar 978 proxectos no marco do Plan de acción comunitaria no que se engloban as subvencións a estes colectivos. A Xunta destinou á convocatoria deste ano un orzamento de 2,5 millóns de euros, un 60% máis que o ano anterior, con 190 entidades beneficiarias, das que case seis de cada dez corresponden a proxectos de asociacións de veciños.

Por provincias, Pontevedra concentra tamén preto do 60% das asociacións con axudas debido a que tamén destaca a elevada participación das organizacións da provincia cun 54% respecto ao total de 776 solicitudes presentadas. Unhas 110 organizacións pontevedresas recibiron axudas desta orde da Xunta por un importe de máis de 1,4 millóns de euros.

Por outra parte, a Administración autonómica destinou máis de 511.300 euros a 34 entidades da provincia de Ourense, arredor de 379.400 euros para 29 iniciativas de asociacións de Lugo e case 185.400 euros a 17 organizacións da provincia da Coruña.

A directora xeral de Administración Local incidiu no papel das asociacións veciñais para canalizar as demandas dos cidadáns e na importancia de apoiar o seu traballo con axudas coma estas que contribúen a mellorar a calidade de vida e o benestar dos galegos.

As axudas van destinadas a financiar tanto obras como a adquisición de equipamentos en inmobles de titularidade das entidades beneficiarias ou das que lles corresponda dereito de uso, así como a reparación de traídas de auga veciñais. Natalia Prieto destacou que entre as iniciativas subvencionadas nos últimos anos destacan as melloras nos locais sociais e instalacións comunitarias e na compra de mobiliario, equipamento informático e material para as actividades realizadas.

O importe máximo de cada axuda é de 12.000 euros para a realización de obras e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos, polo que cada entidade pode optar a unha contía máxima de 17.000 euros. Ademais, na convocatoria deste ano, ao igual que nas anteriores, mantívose a posibilidade da concesión de anticipos de ata o 100% que se fan efectivos unha vez realizada a notificación da subvención.

Como novidade na orde de axudas deste exercicio, tramitouse por concorrencia competitiva segundo os criterios de valoración fixados, en lugar de executar a concesión por rigorosa orde de presentación de solicitudes, o que non tivo incidencia na participación, que se mantivo na media dos anos anteriores.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre