Inicio Galicia A Xunta investiu máis de 1 M? en actuacións no Concello de...

A Xunta investiu máis de 1 M? en actuacións no Concello de Covelo ao abeiro das axudas da Vicepresidencia

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe as actuacións de mellora no parque do Campo da Feira, nas que o Goberno galego investiu máis de 33.400 euros ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o concello de Covelo, acompañada do delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, onde comprobaron de primeira man as actuacións levadas a cabo o ano pasado para mellorar o parque público do Campo da Feira, nas que a Xunta investiu máis de 33.400 euros ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público. O investimento do Goberno galego no municipio nos últimos anos no marco das distintas liñas de axudas da Vicepresidencia supera o millón de euros. A Xunta colaborou co concello de Covelo na recuperación do parque público Campo da Feira. Entre as actuacións para poñer en valor este enclave natural como espazo público para os veciños destacan a demolición da edificación auxiliar, así como a colocación de pequenos muros para mellorar a contención das plataformas existentes e que serven ademais como asento. Tamén se colocará unha barandilla metálica no lugar dun dos muros demolidos e, para mellorar a seguridade, instalaranse outras de madeira nas plataformas da zona da estancia. Na parte alta desta zona colocarase ademais un novo banco. Durante a visita, Marta Fernández-Tapias destacou a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local, xa que grazas a estas axudas, os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día do seus veciños.

A Xunta ten colaborado nos últimos anos co concello de Covelo con axudas procedentes da Orde de Infraestruturas ou o Fondo de Compensación Ambiental para executar melloras na rede de saneamento e de sumidoiros; no servizo de recollida, eliminación e tratamento de residuos; así como en parques infantís ou en instalacións deportivas. A través da liña de subvencións para infraestruturas de uso público, o Goberno galego vén apoiando desde 2009 aos municipios galegos na mellora das dotacións existentes de infraestruturas básicas e na creación reforma dos servizos municipais. A convocatoria para este ano, que primará os proxectos de cubrición de parques infantís, conta cun orzamento de catro millóns de euros, o que supón un incremento dun millón de euros máis respecto ao ano anterior.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre