Inicio Galicia A Xunta investiu en Noia preto de 390.000 euros en accións de...

A Xunta investiu en Noia preto de 390.000 euros en accións de promoción da igualdade nos últimos anos

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse hoxe co alcalde de Noia, Santiago Freire


A Xunta de Galicia investiu desde 2009 preto de 390.000 euros no concello de Noia para executar accións de promoción da igualdade entre mulleres e homes.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Noia, Santiago Freire, na que tamén participou a concelleira de Educación, Mariola López. O obxectivo do encontro foi facer balance das accións realizadas nos últimos anos e analizar posibles de vías de colaboración no futuro no ámbito da conciliación e a corresponsabilidade.

Durante este ano, a Xunta investiu algo máis de 48.000 euros no concello de Noia: a maior parte destinouse ao funcionamento do Centro de Información á Muller e a partida restante, ao Programa de sensibilización contra a violencia de xénero.

Noia é un dos concellos adheridos á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, a través da que se ofrecen aos concellos actividades en materia de violencia de xénero. Este ano en Noia levarase a cabo o espectáculo teatral pedagóxico Golpes, con Estíbaliz Veiga, que analiza o impacto da violencia de xénero e tenta concienciar á mocidade para a súa prevención.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre