Inicio Galicia A Xunta investiu case 18.000 euros na adecuación dos pasos na ribeira...

A Xunta investiu case 18.000 euros na adecuación dos pasos na ribeira do río Tambre en Trazo

0

O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde de Trazo, José Dafonte, visitaron o resultado dos traballos e destacaron o esforzo do Goberno galego por preservar e conservar o medio natural


Trazo (A Coruña), 08 de xaneiro de 2019.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde Trazo, José Dafonte, visitaron a zona na que se procedeu a adecuación dos pasos na ribeira do río Tambre coa mellora dos regos, que vén de recibir unha achega de case 18.000 euros para mellorar o carácter de utilidade pública desta zona, pertencente á Rede Natura.

As actuacións consistiron na colocación de pequenas pontes de madeira para permitir o paso de pescadores, sendeiristas e agricultores. Ademais, procedeuse á incorporación de refuxios en lugares estratéxicos para facer paradas en todo o recorrido.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda busca, con estas actuacións, promover a interacción equilibrada entre o seu uso e a conservación dos seus valores naturais, en particular aqueles relacionados cos hábitats e especies de interese comunitario con influenza no medio agrario.

Ovidio Rodeiro lembrou que este plan bianual, destinado a recuperar lugares singulares nos concellos en zonas de rede natura e supón un investimento total na provincia da Coruña de máis de máis de 146.000 facer obras en nove concellos, concretamente en Trazo, Mesía, Ferrol, Cerdido, Valdoviño, As Somozas, Muros, Rianxo e Abegondo.

O delegado territorial destacou a importancia destas “pequenas actuacións en escenarios singulares coas que recuperamos espazos dun valor natural incalculable”. Rodeiro escoitou con atención as explicacións dos técnicos sobre os traballos realizados e interesouse en particular utilidade destes pasos e a función que teñen na actualidade.  SOLICITANTE

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre