Inicio Galicia A Xunta investiu 184.000 euros na mellora de cortalumes e pistas de...

A Xunta investiu 184.000 euros na mellora de cortalumes e pistas de máis de medio cento de montes da zona sur de Lugo

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, destacou “a aposta do Goberno galego por poñer en valor o bosque, preservando a súa riqueza medioambiental e económica”

A Consellería do Medio Rural investiu 184.000 euros na execución de obras de mellora de cortalumes e pistas en máis de medio cento de montes de Monforte de Lemos, A Pobra de Brollón, Folgoso do Courel e Quiroga. Trátase en todos os casos de montes de titularidade privada, na súa maioría en man común, que teñen subscrito un acordo de xestión coa Xunta.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que se levaron a cabo tarefas de mellora de devasas, eliminando o mato existente, así como de explanación e mantemento do firme das pistas e limpeza das gabias. Neste sentido, abríronse as cunetas dos treitos afectados para non deixar materiais que entorpeceran o paso da auga, e construíronse drenaxes transversais canalizando mediante tubaxes o paso da auga para facilitar o saneamento e conservación do firme.

O 39 por cento do orzamento correspondeu a actuacións nos montes de Quiroga, onde se melloraron 27 montes que pertencen a 19 comunidades. A Pobra de Brollón recibiu o 28 por cento do investimento para obras en 11 montes de seis comunidades; Folgoso do Courel o 17 por cento en traballos realizados en sete montes de cinco comunidades e tamén en superficie pública pertencente ao concello; e por último, Monforte de Lemos asumiu o 16 por cento do orzamento para actuacións en oito montes de cinco titulares. Estes traballos forman parte dun plan de obras polo que nos últimos meses se executaron traballos de mellora das infraestruturas forestais en 23 concellos da provincia, por importe de 721.000 euros.

Leer más:  Un hombre de 80 años fallece por ahogamiento en la playa de Caldebarcos, en Carnota (A Coruña)

Balseiro destacou “o apoio do Goberno galego” aos titulares dos montes, e en especial “a estreita colaboración” coas comunidades, moi estendidas na nosa provincia debido ao gran número de montes en man común que existen. Así, lembrou que Medio Rural convoca axudas para facilitar aos donos a realización de tarefas de prevención e de coidado da masa forestal. Contempla a realización de tratamentos silvícolas preventivos de incendios forestais, tales como rareos, rozas e podas.

Balseiro afirmou que estas iniciativas revelan “a aposta do Goberno galego por poñer en valor o monte, preservando a súa riqueza medioambiental e económica”. Engadiu que a Consellería do Medio Rural persegue a ordenación dos bosques e a dotación de infraestruturas axeitadas que permitan reducir o risco e os danos por incendios, impulsando explotacións forestais viables que se consoliden como alternativa de renda á agricultura. 


- Te recomendamos -