Inicio Galicia A Xunta investirá preto de 35.000 euros para garantir a conservación da...

A Xunta investirá preto de 35.000 euros para garantir a conservación da igrexa das Nais Mercedarias de Santiago

0

O Goberno galego actuará sobre a tarima de castaño que na actualidade presenta problemas de podremia nas zonas nas que se concentra unha maior humidade


A Xunta de Galicia investirá preto de 35.000 euros para garantir a correcta conservación da igrexa das Nais Mercedarias de Santiago de Compostela, un ben relixioso incluído no casco histórico de Compostela que, pese a atoparse en bo estado, conta con problemas de podremia e humidade no seu entarimado.

Así, segundo se recolle no proxecto da contratación publicado hoxe, o templo conta cunha tarima de principios do século XX feita con madeira de castaño que presenta problemas de podremia nalgúns puntos o que fai que a súa funcionalidade non sexa a máis axeitada. Concretamente, as zonas de podremia coinciden coas áreas nas que se concentra unha maior humidade debido ás filtracións de capilaridade existentes no pavimento de granito. Isto tamén provoca a perda de material ao longo das táboas debido a presenza de fungos e outros xilófagos.

Coa finalidade de reparar a tarima e solucionar as patoloxías detectadas, levantarase a actual tarima co obxectivo de limpar o pavimento da pedra. Esta actuación levarase a cabo con coidado de non estragar ou romper a madeira, pois, dada a súa alta calidade, preténdese reutilizar na medida do posible. A continuación colocarase unha lámina impermeable transpirable e volverase a instalar a tarima empregando un sistema que facilite a súa máxima ventilación. Por último aplicarase un tratamento preventivo contra o ataque de xilófagos. Estas obras contan cun prazo previsto de execución de dous meses.

Galicia, na túa casaA obra da igrexa das Nais Mercedarias de Santiago, iniciada por Diego de Romay en 1674, está incluída no Catálogo do Plan Especial do casco histórico de Santiago de Compostela que, no seu conxunto, conta coa declaración de Patrimonio Mundial pola Unesco.

Trátase dun convento de cantería en granito e planta rectangular que inclúe, no centro, a igrexa e que se pode visitar online a través da iniciativa Galicia, na túa casa da Xunta de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre