Inicio Galicia A Xunta investirá o vindeiro ano 82M? para preparar o Xacobeo con...

A Xunta investirá o vindeiro ano 82M? para preparar o Xacobeo con máis antelación que nunca e facer que chegue a toda Galicia

0

Román Rodríguez expuxo a folla de ruta do Ano Santo con accións e medidas concretas que involucran a diversas consellerías a través dun plan de goberno para “dar forma a un Xacobeo extraordinario que defina a Galicia da próxima década”

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, compareceu hoxe no Parlamento acompañado do seu equipo para expoñer as contas e liñas de actuación do seu departamento en 2020, un ano decisivo na preparación do Xacobeo 21, obxectivo no que a Xunta investirá 82 millóns de euros. Dáse así un impulso decisivo á planificación do Ano Santo, que se está a levar a cabo con máis antelación que nunca para permitir que se faga sentir en toda Galicia.

Román Rodríguez sinalou que Cultura e Turismo disporá dun orzamento de máis de 157 millóns de euros, o que supón un crecemento de case o 9%, converténdose na consellería con maior crecemento porcentual. “Esta subida fala do compromiso da Xunta coa cultura e o turismo do país, parte fundamental do noso presente e do noso futuro, en liña co enorme reto ao que nos enfrontamos: o Xacobeo 21”, subliñou.“Son uns orzamento coherentes”, resumiu o conselleiro. “Coherentes -afirmou- co traballo que levamos feito desde a creación hai apenas un ano desta consellería. E coherentes cos nosos sectores e industrias culturais e co noso traballo para consolidar un modelo turístico propio”. Nesta liña, enmarcou a aposta do Goberno galego “por poñer en valor, en todo o mundo, o Camiño de Santiago, e con el a Galicia enteira, dando forma a un Xacobeo extraordinario que defina a Galicia da próxima década”.

Albergues, restauración e sinalizaciónO titular de Cultura e Turismo da Xunta detallou os orzamentos das distintas áreas da conselleira, pero antes resumiu as contas do Executivo autonómico para o Ano Santo, que cumpren co establecido no Plan Estratéxico do Xacobeo 21 presentado o pasado verán baixo tres principios: sustentabilidade, participación e descentralización.

Así, dos 82 millóns previstos para o próximo exercicio, 62 proceden de Cultura e Turismo e os 20 restantes distribúense entre distintas consellerías, enriquecéndose ademais coas achegas da sociedade civil a través do programa de patrocinios e á espera dun plan, ben definido e calendarizado, por parte do Goberno central.“É un orzamento que non se destinará unicamente a actuacións en Santiago de Compostela nin só aos concellos polos que pasa o Camiño -declarou o conselleiro-, senón que se estenderá a todas as cidades e pobos da nosa Comunidade”.

Entre os principais plans, enumerou o Plan de Mantemento dos Camiños, con 3,7M€; o Plan de Embelecemento, con 1,2M€; o Plan de Albergues, que ascende a 8M€; o Plan de Sinalización, que en 2020 se corresponde co Camiño de Inverno, con 3M€; o Plan de BICS, con 4M€, ou a finalización do proxecto do Monte do Gozo, entre outros.10 millóns para a programaciónRomán Rodríguez adiantou que a Xunta está traballando no deseño da programación do Xacobeo 21, que contará con 10 millóns de euros en 2020 e será presentada a finais de ano e que chegará a toda a Comunidade. Así mesmo, puxo en valor o éxito da primeira edición de O teu Xacobeo, o programa autonómico de 4,7M€ “co que todos os galegos están definindo un Xacobeo á súa medida” e que terá unha segunda edición.

Referiuse, igualmente, ás actividades de promoción, cun valor de 4 millóns de euros; ou a proxectos novidosos como a produción audiovisual 3 Camiños. Medidas todas que, como apuntou, “reverten directamente na mellora da competitividade e na modernización do noso tecido turístico e cultural” e xeran sinerxías entre ambos.

Analizadas as partidas dedicadas ao Xacobeo 21, o conselleiro fixo unha valoración global dos orzamentos do seu departamento, nos que medran todos os capítulos. A este respecto, reflexionou sobre a capacidade investidora da Consellería de Cultura e Turismo, “cuxo maior esforzo orzamentario vai ao tecido produtivo, xerando oportunidades e riqueza directamente no peto dos galegos e das galegas”.

Equipos de dinamización lingüísticaNa súa análise por unidades, Román Rodríguez resaltou o incremento do 5,3% dos fondos cos que contarán en 2020 as políticas lingüísticas, “unha parte fundamental da nosa identidade como pobo e unha ferramenta de integración e convivencia”.

Como explicou, o incremento destinarase a fomentar un maior uso do galego nos ámbitos familiar, de lecer e socioeconómico. Así, dará respaldo ao Plan de Dinamización da Lingua na Mocidade, presentado este ano na Cámara, e potenciará sectores como o editorial e libreiro. Do mesmo xeito, veranse melloradas as partidas para investigación de bolseiros no Centro Ramón Piñeiro (un 17%) ou a colaboración coa Real Academia Galega (un 7,4%). Os recursos para os equipos de dinamización lingüística nos centros educativos tamén saen reforzados con un 11% máis de fondos. Ademais, haberá máis lectorados e porase en marcha o Celga 2 en liña, co que se completará todo o plan de formación Celga en liña do Goberno autonómico.

Apoio ao libro galego e aos museosA aposta pola cultura é outro dos elementos definitorios das contas da consellería para 2020, toda vez que expande o seu crecemento un 5,4% nesta partida para poñer en marcha e desenvolver a Estratexia da Cultura Galega. “Trátase dunha folla de ruta para fortalecer a industria cultural; asegurar os servizos públicos básicos como bibliotecas, museos ou arquivos; estender a produción e a distribución da cultura de base, e crear canles estables para unha maior colaboración entre os promotores”, resumiu.

Entre outras melloras, puxo en valor as transferencias ao Consorcio de Santiago ou as axudas para equipamentos de concellos e entidades sen ánimo de lucro, así como o aumento en materia de fomento de actividades en arquivos e museos, “unha suba que -recordou- prepara o camiño para a aplicación da nova Lei de Museos”, que entra na súa fase final de tramitación. No ámbito da lectura, Román Rodríguez puxo tamén en valor que o apoio ao libro galego medra un 5%, ao igual que as feiras internacionais.

Coidado do noso patrimonioO conselleiro debullou tamén as partidas dirixidas ao patrimonio cultural, con máis de 16M€ para traballar nos eidos da conservación e a rehabilitación. Entre as actuacións que se iniciarán atópanse algunhas tan destacadas como a igrexa de San Pedro en Lugo, con 800.000 euros; Santa María a Maior en Pontevedra, o Convento de Herbón, a Catedral de Ourense, as igrexas de Angustias e Dores en Ferrol, a Capela da illa de Cortegada ou a igrexa de San Vicente, en Pantón, entre outros proxectos previstos.

O conselleiro detívose especialmente no estado das obras de restauración da Catedral de Santiago, que encaran a recta final ante a inminencia do Xacobeo 21. Román Rodríguez anunciou que a Xunta investirá case 800.000 euros, necesarios para rematar proxectos en marcha e garantir así que as obras estean finalizadas o próximo ano. Na súa comparecencia, fixo balance do estado dos traballos, froito do investimento de 17M€ comprometidos en 2014 polo Goberno de Mariano Rajoy. En concreto, o 80% está xa rematado ou en execución e o 10% restante está en proceso de licitación.

Así mesmo, seguirán os traballos nas candidaturas a Patrimonio Mundial da Unesco: Ribeira Sacra, Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas e o Ferrol da Ilustración.

Potenciación do turismo internoNo ámbito específico do turismo, Román Rodríguez sinalou que a Axencia Turismo de Galicia verá incrementado o seu orzamento nun 15%, o que dará cobertura económica suficiente “para traballar por un turismo de calidade e innovador” e desenvolver os plans e programas do Xacobeo 21, que están vencellados e integrados na axencia.

De xeito específico, referiuse a iniciativas como o Plan MAT de Mellora de Aloxamentos Turísticos, que agora se estenderá tamén a establecementos de restauración, e o apoio ao propio sector e aos concellos e xeodestinos, ademais da promoción nacional e internacional para seguir abrindo novos mercados emisores.

Xunto ao investimento no Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), de 1,5M€ e fondos específicos para convertelo nun polo de innovación, avanzou diversas novidades para Sinte Galicia, o programa de estadías que se estreará en 2020 para potenciar o turismo interno, propiciando que mozos, familias e maiores coñezan mellor as distintas provincias galegas. “Será financiado con 800.000 euros na súa posta en marcha, abrindo máis de 6.000 prazas”, comentou o conselleiro Román Rodríguez.

Festivais e coprodución minoritariaNo que respecta á Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), expuxo que manterá as súas principais liñas de actuación, entre as que citou a dotación da Rede Galega de Teatros e Auditorios e a Rede Galega de Música ao Vivo, así como o apoio ao desenvolvemento e á produción do sector audiovisual. A Xunta potenciará as axudas ao talento de novos creadores ou a internacionalización das empresas.

Os festivais verán tamén reforzado o seu apoio por parte do Goberno autonómico, tanto a través das axudas en concorrencia competitiva como da plataforma Fest Galicia, que aposta por valores como a igualdade ou a sustentabilidade. En conxunto, superarán os 500.000 euros para seguir consolidando o sector e impulsar Galicia como destino musical.

Unha das novidades da Agadic en 2020 serán as axudas á coprodución minoritaria, unha iniciativa pioneira en todo o Estado para facilitar que as empresas galegas poidan participar en grandes producións e fomentar así a súa internacionalización.

Tamén no apartado de artes escénicas a Xunta aumentará as axudas á creación ata os 800.000 euros e renovará o seu compromiso co proxecto Camiño Escena Norte, propiciando a circulación de compañías galegas por Asturias, Cantabria e País Vasco.

Culminación da Cidade da CulturaO conselleiro pechou a súa intervención coa Cidade da Cultura, que se está convertendo “nunha infraestrutura cultural de primeira orde, humanizada e integrada na sociedade e perfectamente comunicada”. Tras lembrar que traballan xa nela 700 persoas e reúnen nos seus eventos a 170.000 persoas cada ano, celebrou que este proxecto rematará en 2020 coa culminación do Edificio Fontán, con 5,7M€ de investimento e a achega de 2,4 de fondos do Estado a través do CSIC. Entre outras dotacións, acollerá o CEIPAC, un centro de investigación referencial en España no estudo da paisaxe e dos itinerarios culturais, que se converterá nun observatorio permanente do Camiño de Santiago.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre