Inicio Galicia A Xunta investirá máis de 846.000 euros en diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais...

A Xunta investirá máis de 846.000 euros en diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de mellora de equipamentos nos concellos da comarca do Barbanza

0
image_gallery.jpg

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza Turismo financia este tipo de traballos con cargo ás ordes do Fondo de Compensación Ambiental e de Infraestruturas


delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, supervisaron o resultado das obras de instalación dunha pérgola no parque infantil de Labarta, executadas cunha axuda a orde de Infraestruturas da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza Turismo. Esta actuación contou cunha achega da Xunta de máis de 27.000 euros e mobilizou cerca de 40.000 euros, foi executada polo propio Concello.

Durante a visita o delegado da Xunta na Coruña informou que a través das ordes do Fondo de Compensación Ambiental e de Infraestruturas repartíronse máis de 846.000 euros en 18 proxectos na comarca do Barbanza. Trenor destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.

Entre as actuacións máis importantes destacan os case 200.000 euros aprobados en Mazaricos para soportes de contedores, a construción dunha aula da natureza, a mellora da eficiencia enerxética do recinto feiral e limpeza de camiños rurais e os 79.000 aprobados para Porto do Son para obras de abastecemento en Portosín.

Trenor destacou que “estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial”.   FONDO COMPENSACIÓN AMBIENTAL

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre