Inicio Galicia A Xunta investirá este verán preto de 900.000 euros adicionais para poñer...

A Xunta investirá este verán preto de 900.000 euros adicionais para poñer en marcha novas obras de reforma e mellora en 55 colexios e institutos da provincia de Lugo

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acomete estes traballos aproveitando as vacacións escolares para non interferir no normal funcionamento dos centros


Lugo, 1 de xullo de 2019.- A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional destinará este verán preto de 900.000 euros adicionais dirixidos a impulsar novas obras de reforma e melloras en 55 colexios e institutos da provincia de Lugo. Trátase dunha achega complementaria ás obras xa previstas como reforma integral e mellora da eficiencia enerxética e que tamén se executarán este verán.

Os traballos prográmanse cada verán, aproveitando as vacacións do alumnado, para así evitar interferir no ritmo diario do curso escolar. Son obras, deseñadas en función da súa prioridade pola unidade técnica de acordo coas direccións dos centros, dirixidas a poñer a punto as instalacións de cara o vindeiro curso.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que as obras proxectadas son de tipoloxía moi variada, en función das necesidades de cada centro, pero todas elas responden a traballos de reforma, conservación e mellora, ou a iniciativas dirixidas a afrontar continxencias que precisaban que finalice a actividade docente.

A educación pública como prioridadePara o Goberno galego os centros educativos son unha prioridade, como reflexa o esforzo e o investimento que cada ano a Xunta destina á mellora de colexios e institutos. “Impulsamos desde obras de gran envergadura, a iniciativas de menor entidade pero tamén relevantes para o bo estado das instalacións. Ao longo do ano investimos en todos os centros, en todos os concellos, en función das súas necesidades e sempre de acordo coa comunidade educativa”-explicou o delegado.

Na liña dos últimos exercicios, a Xunta fará un especial fincapé nas melloras relacionadas coa seguridade e accesibilidade dos centros educativos, ademais de acometer reformas e obras tendentes ao aforro enerxético. Así son comúns a instalación e renovación de electricidade e luminarias, o cambio de fiestras e portas ou a reforma de aseos, das redes de saneamento, fontanaría ou a substitución de caldeiras. Tamén están previstos outros traballos de conservación extraordinaria en cubertas e envolventes, en patios e en espazos destinados á Educación Infantil.42 colexios e 13 institutosAs obras que se executarán este verán distribúense por toda a provincia repartidos entre os máis de 623.000 euros previstos en 42 colexios de educación Infantil e Primaria e os máis de 256.000 euros que se investirán en 13 institutos de ensino secundaria, bacharelato ou formación profesional.

Por comarcas hai previstas actuacións en oito municipios da zona centro da provincia (Lugo, Sarria, A Ulloa) e en case unha vintena de centros educativos por importe de 328.000 euros. Na Mariña actuarase en trece colexios e catro institutos distribuídos en nove concellos e con achegas que superan os 277.000 euros. Na zona sur hai previstas obras en oito concellos e dez centros escolares con achegas de 127.300 euros. E, finalmente, a Terra Chá e Meira concentran en cinco colexios e catro institutos con investimentos por valor de 162.000 euros.

Reforma integralCómpre lembrar que a Consellería tamén executa na provincia outras obras de maior envergadura, que responden á tipoloxía de reforma integral ou mellora da eficiencia enerxética. Neste caso este verán Educación terá en execución obras en oito centros educativos (IES Muralla Romana, CEIP Luis Pimentel e CEIP Casás, todos eles na cidade de Lugo, o CEIP Santa María da Fonsagrada, o CEIP de Cervo e o de nº1 de Foz, o CEIP Virxe do Carme de Burela e o CEIP Ramón Piñeiro de Láncara. Tamén está en construción, neste caso como obra nova, o CEIP Sagrado Corazón, na capital lucense 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre