Inicio Galicia A Xunta investirá case 450.000 euros na mellora do firme da vía...

A Xunta investirá case 450.000 euros na mellora do firme da vía entre Porto Bravo e Tállara, no concello de Lousame

0

O obxecto destes traballos é o de dotar de capa de rodadura axeitado ao volume de tráfico que rexistra este vial municipal, de 5 quilómetros de lonxitude

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade colaborará co Concello de Lousame na execución das obras de mellora do firme da vía que conecta Porto Bravo a Tállara mediante un investimento autonómico de case 450.000 euros.

O obxecto destes traballos é incrementar o afirmado deste vial municipal, que consta dunha lonxitude de máis de 5 quilómetros de lonxitude, e dotalo da capa de rodadura axeitada ao volume de tráfico que rexistra.

As obras consistirán no estendido dunha capa de mestura asfáltica con aglomerado duns 5 cm en toda a estrada, así como a posterior reposición completa das marcas viarias e a instalación de bandas sonoras para a redución de velocidade.

No que se refire aos compromisos adquiridos a través desta colaboración, a Xunta achegará o orzamento necesario e o Concello de Lousame acometerá os traballos.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa a traballar na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionar aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras que redunden no desenvolvemento económico e social dos municipios galegos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre