Inicio Galicia A Xunta investirá 470.000 euros para facer obras de mantemento e mellora...

A Xunta investirá 470.000 euros para facer obras de mantemento e mellora en 18 institutos da cidade da Coruña e comarca

0

O delegado territorial da Xunta apuntou que entre as obras máis importantes destaca a inversión de 119.000 euros no IES Eusebio da Garda para reparar os canlóns da cuberta e para reformar toda a instalación eléctrica

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, anunciou, esta mañá, en declaracións a unha emisora de radio, que a Xunta investirá 470.000 euros en obras de mellora en 18 institutos da cidade e comarca.

Neste senso, o Delegado Territorial destacou que, “dende o Goberno Autonómico seguimos reforzando a nosa aposta pola educación pública de calidade impulsando distintas melloras nos centros educativos coruñeses con obras de maior ou menor envergadura, de mantemento e conservación ou dirixidas a garantir unhas instalacións axeitadas e dotadas con todos os medios necesarios”.

Ovidio Rodeiro apuntou que “entre as actuacións máis importantes destacan a inversión que faremos no Instituto Eusebio da Garda de 133.000 euros para reparar os canlóns da cuberta e para a reforma integral da instalación eléctrica, no IES Sardiñeira levarase a cabo obras para ampliar espazos para o novo ciclo de química e aumento de FPB (20.000 euros) e no IES Rafael Dieste investiranse case 24.000 euros para levar a cabo a reparación de toda a cuberta e a impermeabilización de canlóns e a reforma do pararaios, entre outras actuacións”. En total, na cidade da Coruña realizaranse 15 obras en 8 centros educativos.

Entre as inversións de máis relevancia na comarca destacan o acondicionamento de dúas aulas na Eduardo Blanco Amor de Culleredo para dar resposta ao incremento da demanda neste concello (28.000 euros) , a reordenación do tráfico interior no Rego de Trabe e reformas para ampliar espazos (32.000 euros) ou a reforma integral da instalación eléctrica no Monte das Moas (27.000 euros), entre outras accións. En total, na comarca da Coruña realizaranse 18 obras en 10 centros de Arteixo, Cambre, Cambre, Culleredo, Oleiros, Carral e Sada.

O representante autonómico aproveitou a ocasión para lembrar a importante aposta que se está facendo dende a Xunta de Galicia pola educación na área da Coruña. “Este curso poremos en marcha o novo CEIP en Culleredo e iniciaremos as obras do único centro educativo de nova construción que se fará na provincia, o CEIP de Novo Mesoiro. Ambos centros tiveron un custe de 8 millóns e teñen capacidade para 450 nenos”, puntualizou.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre