Inicio Galicia A Xunta investirá 376.000? para restaurar a igrexa de San Francisco...

A Xunta investirá 376.000? para restaurar a igrexa de San Francisco de Betanzos

0

A Consellería de Cultura e Turismo leva a cabo esta obra por tratarse dun Ben de Interese Cultural que forma parte do patrimonio galego


O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o convento-igrexa de San Francisco de Betanzos e anunciou que mañá xoves a Consellería de Cultura e Turismo licitará no Diario Oficial de Galicia, a obra de reparación e restauración deste inmoble por un total de 376.000 euros, co fin de levar a acabo actuacións de urxencia ante o deterioro do mesmo.

Ovidio Rodeiro explicou que “estamos nun edificio histórico, un dos mellores exemplos do gótico mendicante franciscano da península, destacando na súa tipoloxía o seu papel funerario”. O convento fundouse en 1385 pola orde franciscanos, e máis adiante, converteuse no panteón da súa estirpe. Este edificio está considerado como Ben de Interese Cultural a protexer por formar parte do patrimonio de todos os galegos.

Neste senso, o representante do Goberno autonómico explicou que ”a actuación prevista ten por obxectivo resolver os danos producidos pola entrada da auga en varios puntos da cuberta e pola falta de ventilación dos pes dos muros”.

Ovidio Rodeiro apuntou que “a obra consistirá na impermeabilización dos encontros e puntos singulares con chumbo, na substitución da cuberta por unha composta por pranchas de fibrocemento sen amianto e tella cerámica curva, na disposición dun novo deseño de trazado da rede de evacuación de pluviais, no saneamento conxunto dos lenzos de cantaría, repaso de rexuntados, colocación de pezas inestables da cornixa e saneamento e limpeza de vexetación”.

Ademais, o proxecto tamén recolle a restitución dos cristais rotos ou inexistentes das vidreiras e o repaso xeral do seu selado, revisión do sistema de drenaxe e análise das pezas de madeira lesionadas do soporte da cuberta co obxecto de establecer unhas pautas de actuación rigorosas sobre o resto do sistema.

Ovidio Rodeiro informou que para levar a cabo esta actuación a Consellería de Cultura asinou un convenio de colaboración coa Arquidiocese de Santiago de Compostela. A obra, unha vez adxudicada, terá un prazo de execución de 4 meses.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre