Inicio Galicia A Xunta investirá 350.000 euros nunha senda peonil que comunicará as dúas...

A Xunta investirá 350.000 euros nunha senda peonil que comunicará as dúas zonas do polígono de Outeiro de Rei separadas pola vía do tren

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o itinerario discorrerá por unha marxe da LU-115 e mellorará a seguridade e a comodidade nos desprazamentos dos viandantes


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investirá 350.500 euros na construción dunha senda que permitirá mellorar a comunicación e a seguridade dos viandantes entre as dúas zonas do parque empresarial de Outeiro de Rei, en Matela, que están separadas pola vía do tren.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acudíu a este concello para a presentación do proxecto, que consiste na construción dunha senda de 245 metros de lonxitude na marxe esquerda da estrada autonómica LU-115 (Outeiro – Castro de Rei).

Segundo apuntou Balseiro, a Consellería vai licitar este ano as obras para executar este itinerario, que poderá ser empregado por peóns e ciclistas e mellorará a seguridade e a comodidade nos seus desprazamentos nesta zona, sen necesidade de invadir a calzada.

O trazado terá un ancho de dous metros e será executado con pavimento de formigón pigmentado en cor area; con muros de contención con alturas entre dende 1,10 a 7,80 metros.

Unha singularidade deste proxecto é que está prevista a construción dunha pasarela metálica no treito que transcorre sobre a vía do ferrocarril, conformada con dúas vigas cunha lonxitude de 16,60 metros. A pasarela terá 2,30 metros de ancho e para mellorar a seguridade dos usuarios contará cunha mampara antivandálica de 2,5 metros de altura.

Tamén está prevista a sinalización e balizamento da senda, a colocación de sistemas de protección e a instalación dunha varanda.

O delegado territorial lembrou que esta iniciativa forma parte do Plan de Sendas de Galicia impulsado pola Xunta, que contempla a creación de itinerarios seguros e integrados na paisaxe para promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre