Inicio Galicia A Xunta investirá 350.000 euros no acondicionamento dos cinco últimos quilómetros da...

A Xunta investirá 350.000 euros no acondicionamento dos cinco últimos quilómetros da LU-722 en Navia de Suarna

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, desprazouse ata a zona de actuación e destacou que se acometerá unha reforma integral do tramo entre a capitalidade e a ponte do río Rao


A Xunta de Galicia vai investir 350.600 euros no arranxo da estrada LU-722 en Navia de Suarna, en concreto nos cinco últimos quilómetros desta vía, entre a capitalidade do municipio ata a ponte do río Rao.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, desprazouse hoxe á localidade para presentar as características principais recollidas no proxecto técnico desta obra que, segundo apuntou, executarase no ano 2020.

A estrada LU-722 conecta Navia con Becerreá e a autovía A-6, de onde parte; esta actuación desenvolverase no tramo final, entre a capitalidade municipal, no punto quilométrico 27+900, ata o remate na ponte sobre o Rao, no punto quilométrico 32+500.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade levará a cabo un reforzo integral do firme, coa extensión en toda a lonxitude dunha nova capa de rodadura de mestura bituminosa en quente e a reposición de marcas viarias.

Tamén están previstas obras complementarias como é o caso da mellora das cunetas de seguridade en formigón, limpeza e perfilado de marxes, instalación da barreira de seguridade metálica e reposición e mellora da sinalización horizontais (marcas viarias) e verticais.

Balseiro subliñou que a Xunta reafirma o seu compromiso coa mellora das estradas da rede autonómica para incrementar a seguridade dos usuarios, “e máis en concreto coas vías que vertebran as zonas de montaña para dotalas de conexións axeitadas que favorezan o desenvolvemento económico e social”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre