Inicio Galicia A Xunta investirá 2,7 millóns de euros en 65 concellos para mellorar...

A Xunta investirá 2,7 millóns de euros en 65 concellos para mellorar as infraestruturas con carácter de urxencia

0

O conselleiro anunciou no Parlamento que o Plan de Infraestruturas Rurais deste ano permitirá arranxar máis de 73 quilómetros de camiños, ademais de canalizacións e muros


A Consellería do Medio Rural achegará este ano ata 2,7 millóns de euros a 65 concellos para levar a cabo obras con carácter de urxencia. Farase a través do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) e así o anunciou o conselleiro José González no Parlamento galego.

En concreto, o titular de Medio Rural explicou que con este investimento poderanse acondicionar 125 camiños cunha lonxitude total de actuación superior aos 73 quilómetros, instalar máis de 500 metros de canalizacións de abastecemento de auga ou regadío e reconstruír total ou parcialmente máis de 200 metros de muros de pedra en camiños.

Na adxudicación destas subvencións prima a urxencia e a necesidade de axudar aos municipios con carencias en infraestruturas ou con mal estado das mesmas, explicou o conselleiro, e indicou que este orzamento vén sumarse aos 16 millóns de euros do Plan marco de mellora de camiños municipais, que busca ampliar, mellora e manter os camiños de competencia local. Polo tanto, a consellería inviste case 19 millóns de euros en axudar aos concellos a manter as súas infraestruturas.“Estas actuacións son financiadas con fondos integramente propios, o que conleva un importante esforzo orzamentario por parte da consellería”, sinalou José González, quen indicou ademais que mellorar as infraestruturas vén sendo unha das estratexias esenciais para contribuír á mellora da calidade de vida dos veciños do rural e facilitar así o asentamento de poboación nestes núcleos.

Leer más:  En Galicia, el tiempo de espera para una primera consulta con el especialista es de 73 días y de 67 días para ser operado

Unhas 80 actuaciónsA través do PIR realizáronse no 2017 80 actuacións nos municipios galegos cun investimento superior aos 4,5 millóns de euros. Este plan ten importantes beneficios para o rural xa que favorecer a mobilidade dos cidadáns e o seu acceso aos servizos básicos e imprescindible para levar a cabo actividades produtivas. 


- Te recomendamos -