Inicio Galicia A Xunta investirá 2,3 M? en 2020 no funcionamento dos parques comarcais...

A Xunta investirá 2,3 M? en 2020 no funcionamento dos parques comarcais de bombeiros da provincia de Lugo

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe no Pleno do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo, no que se aprobaron as contas para 2020

O Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento de Lugo, integrado pola Xunta de Galicia e a Deputación lucense, aprobou hoxe os orzamentos de 2020, que ascenden a 5,5 M€ de euros. O Goberno galego achegará 2,3 M€, a mesma cantidade que aportará a Deputación.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participaron hoxe no Pleno do Consorcio no que se aprobaron as contas do organismo. Á reunión tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Os aforros acadados polo ente neste exercicio permitirán levar a cabo distintos investimentos para a mellora da seguridade dos bombeiros e das instalacións, ao mesmo tempo que supuxo unha redución nas aportacións, tanto por parte da Administración autonómica como pola Deputación de Lugo en 130.000 euros en cada caso.

A Xunta e a Deputación acordaron noutro Pleno celebrado o pasado febreiro a xestión directa dos seis parques comarcais de bombeiros que dependen do Consorcio: Barreiros, Viveiro, Vilalba, Chantada, Sarria e Monforte de Lemos. En 2016, o Goberno galego estableceu unha vía de diálogo coas deputacións provinciais para definir o modelo de xestión dos parques dependentes dos consorcios provinciais, actuacións que comezaron cos consorcios de Lugo e da Coruña.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre