Inicio Galicia A Xunta investirá 1,5 millóns de euros na emerxencia do río Eume...

A Xunta investirá 1,5 millóns de euros na emerxencia do río Eume e do abastecemento de Pontedeume, a maior parte na modernización da potabilizadora municipal

0

Estímase que actuar na estación de tratamento de auga potable é a medida máis áxil e eficaz para lograr restablecer os parámetros que permitan o consumo da auga

A Xunta investirá 1,5 millóns de euros no marco da emerxencia declarada no río Eume e no abastecemento de auga do concello de Pontedeume e destinará a maior parte desa achega á modernización da estación de tratamento de auga potable municipal.

A Xunta, a través de Augas de Galicia, declarou este martes día 13 a emerxencia para afrontar a situación e está a colaborar co Concello de Pontedeume no desenvolvemento das súas competencias municipais, xunto coa concesionaria do servizo da auga, co obxectivo de restablecer os parámetros da auga e poder garantir canto antes o abastecemento á poboación.

A declaración de emerxencia permitirá a adopción das medidas necesarias para reducir os niveis de turbidez do río Eume e acometer actuacións urxentes na estación de tratamento de auga potable municipal para conseguir, á maior brevidade posible, que a auga volva ser apta para o seu consumo e se poida restablecer o servizo de abastecemento á poboación.

Logo de analizar diversas alternativas, concluíuse que a medida máis áxil e eficaz para restablecer os parámetros da auga é actuar sobre a potabilizadora municipal, con sistemas que favorezan a coagulación e a decantación das partículas en suspensión.

As capacidades de tratamento da planta municipal, que carece de cámaras de mestura de reactivos e auga bruta e tamén de tratamentos físico-químicos, ademais de que dispón dun decantador excesivamente pequeno e con pouca capacidade de filtrado, fai que a Xunta adoptase a decisión de actuar de forma inmediata sobre a potabilizadora municipal.

Nos últimos días xa se están a aplicar tratamentos físico-químicos na potabilizadora para tratar de reducir a turbidez e lograr que a auga sexa apta para o consumo, logo de que nun primeiro momento se actuase no río, estendendo as barreiras de contención xeotextís que Augas de Galicia estaba a empregar nas obras do colector que se está a executar en Pontedeume.

No marco da emerxencia declarada o día 13, a Xunta levará a cabo todas as actuacións que se estimen necesarias de cara a garantir o abastecemento a Pontedeume e a mellorar a calidade das augas do río.

Desde este venres técnicos dunha empresa especialista en emerxencias ambientais están a levar a cabo unha campaña de mostraxes ampliando o alcance do seguimento que se viña facendo.

No marco do expediente sancionar incoado déronselle indicacións á empresa que explota a presa do Eume para que manteña o nivel das augas do encoro nos parámetros normais de explotación e adopte medidas para reducir a turbidez no río.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre