Inicio Galicia A Xunta investirá 11 M? en cinco programas de incentivos á contratación...

A Xunta investirá 11 M? en cinco programas de incentivos á contratación e formación axustada á demanda das empresas

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, mantivo hoxe en Ourense unha xuntanza con empresarios na Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos (Atave) para explicarlles o mapa de apoios en materia laboral


A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, mantivo hoxe en Ourense unha xuntanza con empresarios na Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos (Atave) para darlles a coñecer o mapa de apoios da Xunta en materia de emprego. O orzamento para 2019 nas áreas de emprego e de formación aumenta un 7%, ata acadar os 255,5 millóns de euros, para seguir impulsando e incrementando as oportunidades laborais dos galegos e galegas e para fixar as bases do emprego do futuro, tal e como engadiu Toca.

Entre os programas que se porán en marcha este ano, Toca destacou os centrados en incentivar a contratación, cinco iniciativas que inclúen, todas elas, ademais das axudas á contratación, apoios á cualificación a través dun bono formación de 2000 euros, que se pode incrementar ata os 4000 euros no caso de que a contratación que a empresa leve a cabo sexa indefinida. A secretaria xeral lembrou que en 2018, a Xunta investiu 182.000 euros nos bonos formación dos que se beneficiaron 134 traballadores. Este ano 2019 a previsión é conceder 160 bonos.

Os cinco programas de apoio á contratación e formación, nos que se investirán preto de 11 millóns de euros, van dirixidos aos cinco colectivos con máis dificultades para atopar un emprego e que son prioritarios para a Xunta en materia laboral: autónomos, parados de longa duración, menores de 30 anos, mulleres e persoas con capacidades diferentes.

A primeira das iniciativas, a dirixida aos autónomos, e, tal e como informou Toca, xa saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). Son axudas para que os autónomos contraten a 240 traballadores indefinidos en 120 empresas cun orzamento de 1,35 millóns. O prazo de solicitude remata o próximo 30 de setembro. A Consellería de Economía, Emprego e Industria financia con 3000 euros a contratación do primeiro traballador cando se trate dunha persoa desempregada, que aumentará ata os 5000 euros para os parados de longa duración e persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social.

Para as contratacións do segundo e terceiro traballador, o autónomo recibirá unha contía de 5000 euros se a persoa é desempregada, que se incrementará ata os 7000 euros para os parados de longa duración e persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social. Esta contías poden incrementarse nun 25% para as mulleres, maiores de 45 anos, emigrantes retornados e persoas trans. Tamén se incrementa a axuda se a empresa está emprazada no rural.

Nos próximos meses convocaranse os catro programas restantes: Emprega Parados de Longa Duración, Emprega Xuventude, Emprega Muller e unha iniciativa específica para a contratación de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social.

Apoio ao inicio de actividadeA secretaria xeral, ademais, referiuse a outras axudas en materia laboral e que tamén saíron xa publicadas no DOG como os incentivos para apoiar o inicio de actividade de 3800 autónomos cun investimento de máis de 10 millóns de euros. A través desta liña de apoios, que se pode solicitar ata o próximo 30 de setembro, apoiarase o emprego dos autónomos con 2000 euros, unha contía que se pode duplicar ata os 4000 euros para os menores de 30 anos, os parados de longa duración e as persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social. O obxectivo desta actuación é facilitar e axilizar a posta en marcha de novas iniciativas empresariais. Fináncianse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos da orde de axudas, se formalicen desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019, ambos inclusive. Este ano, ao igual que o exercicio pasado, non se esixirá un investimento inicial para recibir esta axuda.

Así mesmo, xa están abertas as axudas para o fomento e a consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación que conta cun orzamento de 2,2 millóns de euros para apoiar a 350 traballadores e 400 empresas e cuxo prazo de solicitude remata o próximo 31 de xullo; e os incentivos para as empresas cualificadas como Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT), cun investimento de 400.000 euros para impulsar o traballo de 30 persoas e beneficiar a 15 empresas. Neste caso, as inscricións poden presentarse ata o próximo 30 de setembro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre