Inicio Galicia A Xunta intervén os centros de maiores DomusVi Barreiro e DomusVi Cangas...

A Xunta intervén os centros de maiores DomusVi Barreiro e DomusVi Cangas para convertelos en residencias integradas

0

Tómase esta decisión para garantir a calidade asistencial tralo elevado número de positivos por coronavirus

A Xunta de Galicia vén de tomar a decisión de intervir os centros residenciais DomusVi Barreiro, no concello de Vigo, e DomusVi Cangas, tralo elevado número de positivos por coronavirus entre as persoas usuarias e traballadoras do centro. Estes dous centros se converterán en dúas residencias integradas, nas que residirán persoas maiores que estean xa contaxiadas.

Pola súa banda, as persoas maiores que deron negativo nas probas, unha vez que este resultado sexa confirmado, serán trasladadas a outros centros en función das características de cada residente. Un deles será a residencia de tempo libre de Panxón, en Nigrán, que é da titularidade da Xunta de Galicia e nestes momentos se atopa sen actividade.

Son as dúas primeiras residencias privadas que intervén o Goberno autonómico, en calidade de autoridade competente, unha decisión que se ampara no apartado terceiro da orde do Ministerio de Sanidade SND/275/2020, do 23 de marzo.

En virtude do disposto nesa orde ministerial, a Xunta de Galicia designará a un empregado público para dirixir e coordinar a actividade asistencial destas dúas residencias privadas e garantir así a correcta aplicación dos protocolos e a supervisión médica de todas as persoas maiores que residen nestes centros. A persoa designada polo Goberno autonómico disporá de todos os recursos materiais e humanos destes centros residenciais de Vigo e Cangas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre