Inicio Galicia A Xunta intensifica o control sobre a actividade dos locais de xogo...

A Xunta intensifica o control sobre a actividade dos locais de xogo con inspectores e axentes da Policía Autonómica

0
image_gallery.jpg

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicou hoxe no Parlamento galego que durante 2019 se realizaron máis de 5.500 inspeccións


O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicou hoxe no Parlamento galego que a Xunta vén intensificando nos últimos anos o control sobre a actividade dos locais de xogo, grazas ao traballo dos inspectores de xogo e dos axentes da Policía Autonómica.

Así, en 2019 realizáronse máis de 5.500 inspeccións. En concreto, unhas 1.600 foron realizadas polos axentes da Policía autonómica, e unhas 4.000 polos inspectores de xogo dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Xunta.

As inspeccións centráronse, sobre todo, en comprobar a presenza de menores e en comprobar as máquinas e o cumprimento da normativa. Cómpre destacar que, ademais das inspeccións de oficio, tamén se controlan as denuncias que se presentan sobre xogo ilegal.

Villanueva destacou que, a pesar do aumento no número de inspeccións, vense detectando unha diminución do número de expedientes sancionadores nos últimos anos, proba do compromiso do sector con cumprir a normativa vixente.

Así, se nos exercicios 2015 ou 2016 a media de expedientes sancionadores era de preto de 80, no exercicio de 2019 foron abertos 50 e resoltos 53 (hai expedientes que se abren un ano e se resolven o seguinte). Deste total, 16 remataron con sanción moi grave, 14 con sanción grave, e 23 con sanción leve. Estas sancións sumaron un total de 156.600 euros.

A Xunta vén traballando nos últimos anos por fomentar o xogo responsable. Así, entre outras iniciativas, o Goberno galego asina convenios coas asociacións máis representativas de Galicia que tratan estas adicións, e ten elaborado un anteproxecto de lei de xogo, que virá a actualizar a anterior normativa, que data de 1985. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre