Inicio Galicia A Xunta intensifica a vixilancia e coordinación coas Forzas e Corpos De...

A Xunta intensifica a vixilancia e coordinación coas Forzas e Corpos De Seguridade en comarcas onde se está a detectar alta actividade incendiaria

0

Despois dos incendios rexistrados nos parques naturais do Xurés e o Invernadeiro trata de atallar estas accións intencionadas

A Xunta de Galicia está a reforzar a coordinación coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e incrementando a vixilancia naquelas zonas nas que se está a detectar unha alta actividade incendiaria. Tras os reiterados intentos de prender en determinadas comarcas, así como os últimos lumes rexistrados nos parques naturais do Xurés e o Invernadeiro, o Goberno galego está reforzando as accións de control nestes lugares.

A rápida intervención dos efectivos de extinción fai que a maior parte destes intentos queden en conatos, pero convén non baixar a garda. Por iso, dado que a riqueza forestal de Galicia é un patrimonio de todos, a Xunta quere facer un chamamento á colaboración cidadá contra a actividade incendiaria que está a vivir Galicia. Buscamos o apoio de todo o mundo para poñer fin a estas accións que supoñen un auténtico atentado para o noso territorio.

Así, esperamos contar coa participación de concellos e outras administracións e especialmente das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para localizar os culpables. Neste traballo tamén teñen un papel fundamental os veciños, que moitas veces poden aportar información crucial para localizar ao causante dun lume.

Leer más:  El Supremo confirma la condena a 14 años de cárcel a 'El Chicle' por agredir sexualmente a su cuñada menor de edad

A Xunta lembra que 3 de cada 4 lumes forestais que se rexistran en Galicia son provocados pola man do home de xeito intencionado, polo que apela de novo aos cidadáns para denunciar calquera actividade que poida poñer en risco o patrimonio forestal da nosa comunidade. 


- Te recomendamos -