Inicio Galicia A Xunta intensifica a vindeira semana os traballos de roza e limpeza...

A Xunta intensifica a vindeira semana os traballos de roza e limpeza en estradas da provincia de Ourense

0
image_gallery.jpg

Comezaranse os labores na área de Ourense, Allariz, Celanova, O Carballiño e O Ribeiro e nas zonas da Baixa Limia, Trives, Valdeorras e Viana de Bolo


A Xunta intensificará a vindeira semana os traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas de titularidade autonómica na provincia de Ourense.

En concreto, iniciaranse os traballos en estradas autonómicas da área de Ourense, Allariz, Celanova, O Carballiño e O Ribeiro; e das zonas de Baixa Limia, Trives, Valdeorras e Viana de Bolo. Ao tempo, continuarán os traballos xa iniciados nas vías autonómicas das zonas de Caldelas, Trives, Viana e na estrada OU-622, no Barco de Valdeorras.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando nos últimos meses estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

Tamén a longo da vindeira semana se realizarán na provincia de Lugo os traballos de roza na estrada LU-862, no Vicedo e Viveiro e seguirán os traballos en marcha na vía de alta capacidade CG-2.2, en Lugo e no Corgo, e na estrada LU-232, en Lugo e Friol.

Proseguirán as actuacións, ademais, en distintas vías autonómicas da provincia de Pontevedra, nas zonas do Condado-Paradanta e Vigo-Baixo Miño, así como na vía de alta capacidade C.

G.- 4.2, en Tomiño e na Guarda.

Tamén continúan as actuacións na vía de alta capacidade PO-010, que une a autoestrada de circunvalación de Vigo VG-20, no lugar de Balsa, co polígono industrial de Balaídos.

Na provincia da Coruña, seguirán os labores na autovía Ferrol-Vilalba, a AG-64, ao seu paso polo municipio das Pontes.

As tarefas que se veñen realizando céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais.

Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.

Ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas.

As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre