Inicio Galicia A Xunta instala marquesiñas na provincia de Ourense para mellorar o servizo...

A Xunta instala marquesiñas na provincia de Ourense para mellorar o servizo aos usuarios do transporte público

0

A delegada territorial de Ourense, Marisol Díaz Mouteira, comprobou o novo equipamento de Cortegada acompañada do alcalde, Avelino de Francisco


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de conceder marquesiñas na provincia de Ourense para a súa instalación en estradas autonómicas ao seu paso por distintos concellos, coas que se pretende mellorar o servizo aos usuarios do transporte público.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, comprobou a instalación de dúas novas marquesiñas na OU-193, no término municipal de Cortegada, acompañada polo alcalde, Avelino de Francisco.

A súa instalación enmárcase dentro do Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos públicos de transporte, que pretende acadar un transporte público que responda ás necesidades dos cidadáns e que prevé colocar 150 novas instalacións na comunidade. Na actualidade se está a avaliar o emprazamento destas instalacións na provincia de Ourense para decidir os concellos que contarán con novas marquesiñas.

As novas infraestruturas, con selo galego tanto no deseño como na madeira de piñeiro empregada, teñen como obxectivo protexer aos usuarios das inclemencias meteorolóxicas e facer máis cómoda e segura a espera.

O Executivo autonómico está a impulsar o novo Plan de Transporte Público de Galicia para proporcionarlles aos cidadáns uns servizos de autobús que respondan ás súas necesidades reais en materia de mobilidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre