Inicio Galicia A Xunta insiste na necesidade de tests serolóxicos para os deportistas e...

A Xunta insiste na necesidade de tests serolóxicos para os deportistas e os equipos que compitan con contacto como medida provisional para protexer a toda a poboación

0
image_gallery.jpg

O conselleiro de Sanidade remite unha carta ao ministro do ramo ofrecendo a colaboración da Xunta a contribuír á “mellora da sanidade, nomeadamente no que respecta ás probas covid-19 a realizar no ámbito das competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal”


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, enviou no día de hoxe unha carta ao ministro de Sanidad, Salvador Illa, na que ofrece a colaboración da Xunta de Galicia a contribuír á “mellora da sanidade e ao sostemento do Sistema Nacional de Saúde”, nomeadamente no que respecta ás probas covid-19 a realizar no ámbito das competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal.

Neste sentido, a Xunta de Galicia, a través do titular de Sanidade, ratifica a aprobación da Orde do 30 de setembro de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020 e publicada na noite do pasado mércores no Diario Oficial de Galicia. A devandita orde esixe “test serolóxicos ou outras probas similares” para os equipos e deportistas galegos como aos equipos e deportistas procedentes doutras comunidades no ámbito das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto.

No caso de expedicións de equipos e deportistas procedentes doutras comunidades deberán realizar o “test serolóxico ou proba similar” en orixe polo menos 24 horas antes da súa chegada, para protexer á poboación, xa que o curto espazo de tempo que permanecen na comunidade pode impedir que lles sexa de aplicación a normativa reguladora do Rexistro de viaxeiros do 27 de xullo.

O protocolo para o regreso das competicións oficiais de ámbito estatal e carácter non profesional, elaborado polo CSD, non esclarece “aspectos como o tipo de proba a realizar, o seu financiamento, a evolución da súa utilidade e se se deben realizar máis dunha vez con posterioridade”, cuestións pendentes de decidir no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde a pesar de que as competicións xa teñen comezado ou son de inminente comezo.

A Xunta agarda a celebración deste Consello para dirimir estas cuestións de absoluta importancia para a reactivación do deporte estatal. En palabras do conselleiro, a modificación aprobada agora é dunha medida “provisional” para “cubrir transitoriamente un baleiro que é necesario abordar sen moita máis dilación”.

Deste xeito, a Xunta emenda unha nova falta de atención do CSD ás súas competencias, como ocorreu durante tantas semanas nas que non existía protocolo para os equipos non profesionais de ámbito estatal.

A norma “foi ditada no exercicio das competencias sanitarias autonómicas e deben entenderse dentro do necesario respecto ás competencias das autoridades deportivas e sanitarias estatais”.

Neste sentido, a Xunta quere lembrar que, tal e como se indica expresamente no devandito protocolo do CSD, este constitúe un marco xeral de mínimos, e está suxeito e é subsidiario da normativa, de carácter xeral ou específico, que poida ditar tanto o Goberno central como as comunidades. O protocolo, por tanto, non pode impedir o exercicio das competencias autonómicas en materia de sanidade e, polo tanto, a adopción das medidas de prevención necesarias para facer fronte aos riscos derivados para a saúde pública da celebración de determinadas competicións deportivas.

Comunicado ADESPA Xunta responde tamén ao comunicado da Asociación del Deporte Español (ADESP) no que se comina ao Goberno Galego a modificar unha norma que ten como obxectivo garantir a seguridade e a protección de todo o deporte galego e do deporte de ámbito estatal, así como de toda a poboación en xeral para evitar a proliferación de posibles focos de contaxio.

No seu comunicado, ADESP asegura que a norma autonómica representa unha “deslealdade” co marco consensuado entre todos os axentes institucionais e deportivos. A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, lembra, como así consta nas alegacións presentadas ao protocolo do CSD, a súa defensa da necesidade de realizar tests serolóxicos ou probas similares para a reactivación segura da práctica deportiva. Ademais, a Xunta considera que a única deslealdade é deixar sen protección a toda a poboación asumindo o risco de que varios grupos de persoas realicen a práctica deportiva con contacto físico, sen máscara e sen a necesidade de realizar probas de detección do virus, como así se recolle no protocolo do CSD.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre