Inicio Galicia A Xunta iniciará o luns obras de mellora do firme na autovía...

A Xunta iniciará o luns obras de mellora do firme na autovía Santiago-Brión, para o que serán necesarios cortes de carrís

0

Estes traballos, que se desenvolverán dende o luns ata o xoves, enmárcanse na conservación ordinaria das infraestruturas viarias que o Goberno galego vén executando para garantir unhas estradas cómodas e seguras

A Xunta comezará o vindeiro luns a execución de actuacións de mellora do firme en puntos localizados da autovía Santiago- Brión (AG-56), para o que será necesario realizar cortes de carrís.

Estas obras, que se desenvolverán dende o luns ata o xoves, están enmarcadas nos traballos ordinarios de conservación das infraestruturas viarias que o Goberno galego vén executando para garantir unhas estradas cómodas e seguras.

Os traballos consistirán na reparación da capa de rodadura naqueles puntos nos que sexa necesaria por mor do seu deterioro. Así, levarase a cabo o fresado e reposición de rodadura en varias zonas do tronco da autovía, nalgúns ramais e nalgunhas glorietas.

As intervencións no tronco e nos ramais da autovía, excepto no de Santiago sur, non afectarán de xeito significativo ao tráfico, xa que se realizarán cortes nun carril e poderase circular polo outro.

As reparacións localizadas no enlace de Santiago sur farán precisos peches ao tráfico nos ramais, polo que se habilitarán percorridos alternativos que estarán debidamente sinalizados. A continuación, no seguinte plano poden consultarse os desvíos que se porán en funcionamento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre