Inicio Galicia A Xunta iniciará mañá na autovía de Celanova as obras de reparación...

A Xunta iniciará mañá na autovía de Celanova as obras de reparación dun muro de protección no río Ourille, á altura da parroquia de Orga

0

Trátase dunha intervención nun muro existente xa antes das obras de construción de autovía, para repoñer un pequeno tramo do camiño de servizo que transcorre pola marxe dereita desta estrada no concello de Celanova

A Xunta iniciará mañá na autovía de Celanova as obras de reparación dun muro de protección no río Ourille, á altura da parroquia de Orga. Esta actuación vén motivada polo deslizamento parcial dun noiro e coroación dun pequeno tramo do camiño de servizo 38, que transcorre pola marxe dereita da autovía AG-31 ao seu paso polo Concello de Celanova.

Trátase dunha intervención nun muro existente xa antes das obras de construción de autovía de Celanova, que vén motivada polo caída de parte dun muro de escolleira, provocada pola crecida deste río a causa das persistentes choivas rexistradas durante os primeiros meses do ano. Esta actuación de reparación do muro faise co obxectivo de repoñer o camiño de servizo e evitar que este deslizamento poida chegar a afectar á propia autovía, pola acción do río sobre unha ribeira actualmente inestable. E se estima que a execución das obras se prolongue durante unhas dúas semana, se as condicións meteorolóxicas non resulten adversas. Os traballos, que se desenvolverán á altura do punto quilométrico 12+820, consistirán na reconstrución dun tramo de muro derruído ata darlle continuidade aos tramos de muro que non teñen sufrido danos, e no posterior recheo do noiro, así como a reposición do camiño de servicio afectado.

Leer más:  El incendio de A Fonsagrada (Lugo), que ha afectado a 65 hectáreas, ha sido controlado

Esta obra execútase tras ter realizados os trámites correspondentes ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a execución desta reparación con carácter de urxencia, en base ao previsto no artigo 10 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico.


- Te recomendamos -