Inicio Galicia A Xunta iniciará mañá as obras de conservación e mellora na estación...

A Xunta iniciará mañá as obras de conservación e mellora na estación de autobuses de Ferrol

0

A intervención, cun investimento de máis de 14.300 euros, terá un prazo de execución dunhas cinco semanas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, comezará mañá as obras de mellora na estación de autobuses de Ferrol.

A intervención, adxudicada á empresa Prosema Noroeste S.

L. por un investimento de máis de 14.300 euros, terá un prazo de execución dunhas cinco semanas.

Os traballos de mantemento consistirán na reparación de danos existentes nos aseos, así como no saneo de humidades na planta principal.

Tamén se levarán a cabo a instalación dun rótulo de sinalización de estación de autobuses e a colocación dunha pantalla informativa no interior das instalacións.

Estas obras están enmarcadas nun contrato máis amplo que o Goberno galego vén de adxudicar para efectuar actuacións de acondicionamento en varias terminais de autobuses da comunidade como Ferrol, Cambados, Vilagarcía, Lalín e Xinzo de Limia, cun orzamento autonómico de case 134.000 euros.

A Xunta, mediante estas accións, busca manter as instalacións en boas condicións para ofrecerlles aos usuarios uns servizos de calidade que fomenten o emprego do transporte público e respondan ás súas necesidades en materia de mobilidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre