Inicio Galicia A Xunta iniciará a vindeira semana unha campaña informativa sobre o parasito...

A Xunta iniciará a vindeira semana unha campaña informativa sobre o parasito anisakis

0

Esta iniciativa responde á alarma xerada en relación ao consumo de peixe co fin de informar e mandar unha mensaxe de tranquilidade sobre este parasito

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, avanzou hoxe que a vindeira semana se iniciará unha campaña informativa nos medios de comunicación e nas redes sociais sobre o parasito anisakis. Así o adiantou hoxe a titular de Mar tras presentar a iniciativa ante os membros do pleno do Consello Galego de Pesca para a súa aprobación.

Así, a conselleira explicou que se pon en marcha esta iniciativa ante a alarma xerada en relación ao consumo de peixe e ao parasito anisakis sobre a que se vén queixando o sector, xa que repercute no descenso do consumo de peixe e do seu prezo, especialmente da pescada. Neste sentido, fixo fincapé na necesidade de traballar conxuntamente entre as administracións e o sector, co fin común de informar e mandar unha mensaxe de tranquilidade sobre este parasito que non supón unha novidade. Ademais, remarcou que en Galicia sempre consumiu peixe e aplicou e aplica a normativa de manipulación con todas as garantías.

Nesta liña puntualizou que, seguindo as indicacións de manipulación, as persoas poden consumir peixe con tranquilidade e reiterou a calidade incuestionable dos produtos do mar de Galicia e a profesionalidade dos produtores da nosa terra. Por este motivo, explicou a conselleira, veise poñer en marcha esta campaña que se centrará en informar sobre o parasito e como evitar riscos e conterá mensaxes de tranquilidade facendo fincapé en que que o consumo de peixe é seguro sempre que se adquira polos canles legais de comercialización.

Ademais, a conselleira sinalou que lle propuxo ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e ao resto das comunidades autónomas de España a idea de facer unha campaña en conxunto, unha idea, explicou Rosa Quintana, “que foi ben acollida” e que se abordará no mes de setembro.

Posibilidades de pesca para 2019Na xuntanza tamén se aprobou o ditame sobre a comunicación da Comisión ao Parlamento e ao Consello sobre a consulta das posibilidades de pesca para 2019. Así, Rosa Quintana trasladou que “elaboramos un documento que recolle as propostas de Galicia en relación ao proposto pola Comisión Europea sobre o estado de aplicación da Política Pesqueira Común e á determinación das cotas de pesca do próximo ano”. Así, a través deste ditame que será remitido ao Ministerio e a Bruxelas, Galicia demanda unha flexibilización das cotas en canto ao alcance do Rendemento Máximo Sostible para 2019, pospoñendo ese alcance a 2020.

A maiores, a titular de Mar insistiu que nese ditame tamén se lle traslada á Comisión “o bo estado no que se atopan as pesquerías nos caladoiros nos que faena a nosa frota”, co fin de conseguir incrementar as posibilidades de pesca. Tamén fixo fincapé no esforzo de adaptación que realizou a frota galega á hora de restrinxir o seu nivel de actividade para “seguir tendo posibilidades de pesca e manter vivo o sector”, dixo.

Regulamento de ControlOutro dos asuntos da orde do día foi a presentación do ditame de Galicia sobre a proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello en materia de control da pesca. Nesta materia, Rosa Quintana explicou que este informe recolle as suxerencias e demandas da nosa frota en favor dunha mellora e adecuación do sistema de control. O documento, que foi elaborado polo grupo de traballo designado polo Consello Galego de Pesca, será remitido ao Ministerio e a Bruxelas para que sexa tido en conta nas negociaciónsRegulamento que desenvolverá a Lei de PortosNo pleno tamén se abordou a proposta de traballo para a redacción do regulamento que desenvolverá a Lei de Portos, a primeira normativa do seu rango con carácter autonómico, que vén de entrar en vigor o pasado 14 de xuño. O obxectivo esencial deste instrumento normativo é asegurar a correcta prestación de servizos e operacións e o debido uso das instalación. Para elo, fíxanse as normas xerais de funcionamento dos servizos portuarios, xa sexan prestados directamente pola entidade pública Portos de Galicia como por terceiros, en réxime de concesión ou autorización. Así mesmo, deberá contemplar as normas de vixilancia e control dos servizos, o cumprimento das condicións fixadas para a ocupación de dominio público, o uso de instalacións e o exercicio de actividades comerciais e / ou industriais. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre