Inicio Galicia A Xunta inicia unha campaña para fomentar o coñecemento das obrigas das...

A Xunta inicia unha campaña para fomentar o coñecemento das obrigas das empresas e dos dereitos das traballadoras para a protección da maternidade

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, presentou esta mañá a iniciativa, impulsada polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), na que se repartirán 1750 folletos informativos


A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, presentou esta mañá, en Santiago de Compostela, unha nova campaña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) que ten como obxectivo proporcionar unha ferramenta para fomentar o coñecemento das obrigas das empresas e dos dereitos das traballadoras relativas á protección da maternidade. Preténdese, en definitiva, facilitar a comprensión dos riscos e a adopción de medidas preventivas.

Neste sentido, o empresario ou empresaria ten a obriga legal de protección fronte aos riscos laborais específicos que poden afectar tanto á saúde da traballadora como á do feto ou bebé lactante. Por iso, é preciso realizar unha avaliación inicial na que se obteña a relación de postos de traballo exentos de risco; unha avaliación adicional cando a traballadora comunica a súa situación para garantir a compatibilidade ou propoñer medidas preventivas axeitadas; e finalmente, é necesaria unha planificación preventiva, xa que se existe risco e non se puido eliminar débense adaptar as condicións ou tempo de traballo, cambiar á empregada a un posto exento de risco ou suspender o contrato por risco durante o embarazo ou a lactancia natural.

Para a difusión desta información, repartirase entre as empresas galegas e mulleres traballadoras 1750 folletos e 2000 cubos, así como a súa divulgación a través da web e redes sociais do Issga. Ademais a campaña tamén chegará aos centros de saúde de Galicia que contan con matrona.

A acción enmárcase na Estratexia de seguridade e saúde no traballo ata 2020 que pretende mellorar as condicións laborais de todos os galegos e galegas para reducir a sinistralidade, garantindo un emprego seguro e de calidade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre