Inicio Galicia A Xunta inicia traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do...

A Xunta inicia traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Pontepedra e do rego da Xunqueira no concello de Tordoia

0
image_gallery.jpg

Augas de Galicia leva a cabo estas actuacións nos tramos destes ríos ao seu paso pola parroquia de Cabaleiros


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Pontepedra e do rego da Xunqueira, no concello de Tordoia.

As tarefas que Augas de Galicia está a levar a cabo estanse a desenvolver nos tramos interurbanos destes ríos, que coinciden co seu percorrido por distintos lugares da parroquia de Cabaleiros.

Estes labores forman parte das intervencións de mantemento que leva a cabo Augas de Galicia nas áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI).

As actuacións céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como a retirada de madeira morta e atoamentos existentes. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas. Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre