Inicio Galicia A Xunta inicia os traballos para a eliminación de tres puntos de...

A Xunta inicia os traballos para a eliminación de tres puntos de vertido incontrolado no concello de Curtis

0

As actuacións, nas que se prevé investir preto de 25.000 euros, enmárcanse dentro dun programa da Xunta para erradicar este tipo de focos de contaminación

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda iniciará esta semana os traballos para a eliminación de tres puntos de vertido incontrolado (PVI) no Concello de Curtis (A Coruña) cun custo estimado inicialmente de 24.711,02 euros. Esta nova actuación forma parte dunha campaña continuada da Xunta para identificar e erradicar estes focos, nos que se van depositando e acumulando residuos sólidos de distinta natureza, co prexuízo que isto ocasiona para o entorno tanto desde un punto de vista ambiental como estético.

No caso de Curtis os puntos sobre os que se vai actuar están localizados concretamente nos lugares de Portecelo, Carneiros e Canteira Montealto. Os traballos consistirán na recollida, clasificación e retirada do material acumulado nestas zonas e que a primeira vista e sen prexuízo do que se poida atopar conforme avance a actuación, consiste basicamente en amianto (fibrocemento), mestura de residuos de construción e demolición, plásticos, pneumáticos fóra de uso, voluminosos, vidro e restos de poda.

Leer más:  Rueda nombra cuatro nuevos conselleiros en un Gobierno del que salen Comesaña y Rivo

Así mesmo, tamén se traballará na revexetación dos solos mediante o estendido de terra vexetal e hidrosementeira.

Coa limpeza dos puntos de vertido incontrolado perséguese minimizar e corrixir os impactos e a degradación ambiental orixinados polos vertidos incontrolados, logrando a integración do lugar coa súa contorna e eliminando o hábito de seguir depositando lixo nestes lugares.

Correcta xestión dos residuosEste tipo de actuacións por parte da Xunta forman parte dunha estratexia global continuada para lograr unha correcta xestión dos residuos mediante a súa reciclaxe e tratamento, na que tamén se inclúen outro tipo de instalacións, como son os puntos limpos.

O obxectivo común destes programas é axudar e facilitar aos concellos o cumprimento das súas responsabilidades en materia de xestión dos residuos urbanos, unha competencia que é municipal, e permitir aos cidadáns realizar unha correcta xestión dos mesmos, segundo o establecido na xerarquía europea de residuos (prevención, reciclaxe ou valorización material, valorización enerxética e eliminación). 


- Te recomendamos -