Inicio Galicia A Xunta inicia os traballos de sinalización de rutas ciclistas protexidas nas...

A Xunta inicia os traballos de sinalización de rutas ciclistas protexidas nas estradas da provincia de Pontevedra, nos traxectos de Volta ao Val e a ruta do Sol

0
image_gallery.jpg

A sinalización irase colocando nas próximas semanas tamén nos traxectos deportivos das vías autonómicas das provincias de Ourense, de Lugo e da Coruña


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar os traballos de sinalización de rutas ciclistas protexidas nas estradas autonómicas da provincia de Pontevedra.

Con esta intervención, dáse comezo ás actuacións programadas en máis de 600 quilómetros de rutas ciclistas protexidas na rede de estradas de titularidade da Xunta, ás que se destina un orzamento autonómico de máis de 180.000 euros.

Os traballos, que están a ser executados xa na ruta protexida ES-PO-06, Volta ao Val, comezaron pola estrada PO-552, no punto quilométrico 57+500. Tamén esta semana están programadas estas tarefas no ámbito da ES-PO-04, a ruta do Sol.

As actuacións iranse estendendo ao longo deste mes e no de decembro aos traxectos deportivos protexidos das vías autonómicas das provincias de Ourense, de Lugo e da Coruña.

Deste xeito, actuarase nun total de 10 percorridos das estradas autonómicas das catro provincias, onde se instalarán máis de 300 sinais e paneis para que os condutores estean alerta da presenza dos ciclistas. As actuacións prestarán ademais especial atención ao mantemento das beiravías.

O obxectivo destas intervencións é incrementar a seguridade nas rutas habituais dos ciclistas deportivos.

Esta actuación de protección dos usuarios vulnerables das estradas, que se enmarca no Plan de Seguridade Viaria da Xunta, céntrase nos ciclistas deportivos, tendo en conta as características diferenciais deste colectivo no uso das estradas, que fai preciso intervencións adaptadas ao colectivo.

Os ciclistas deportivos circulan a unha velocidade moito maior, polo que teñen que desprazarse pola calzada, preferentemente pola beiravía. Isto provoca situacións de maior vulnerabilidade e actuacións como estas van encamiñadas a reforzar a súa seguridade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre