Inicio Galicia A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación de 33 vivendas de...

A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación de 33 vivendas de promoción pública no Concello de Vigo

0
image_gallery.jpg

Trátase das vivendas de promoción pública que se atopan en construción na rúa Ignacio Grobas, 19


A Xunta de Galicia vén de iniciar o procedemento para a adxudicación dun total de 33 vivendas de promoción pública (VPP) de nova construción no Concello de Vigo, que actualmente están en proceso de construción na rúa Ignacio Groba 19. Ademais, tamén se inicia o procedemento para elaborar unha lista de adxudicatarios de futuras vivendas vacantes noutros grupos de VPP da cidade.

As vivendas serán adxudicadas mediante sorteo público, que se celebrará o 22 de outubro entre os demandantes que na data de hoxe estean inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia ou teñan solicitada a inscrición.

As vivendas a adxudicar dispoñen de 2, 3 ou 4 dormitorios, segundo se indica no cadro. Cada vivenda leva vinculada unha praza de garaxe e un rocho.  NÚMERO DE VIVENDASNÚMERO DE DORMITORIOSSUPERFICIE ÚTIL APROXIMADA m22

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre