O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinala que na travesÃa da localidade executarase un novo paso de peóns sobreelevado para mellorar a seguridade
A ConsellerÃa de Infraestruturas e Mobilidade iniciará o vindeiro luns as obras de reforzo do firme dun treito da estrada LU-221 en Palas de Rei, que contan cun orzamento de 102.500 euros.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que se actuará na totalidade da travesÃa de Palas e ata o remate da vÃa, no empate coa estrada N-547. Suman 1,5 quilómetros comprendidos, en concreto, entre os puntos quilométricos 8,900 e o 10,370.
Os traballos consistirán na execución de fresados localizados do pavimento a carril completo nos puntos deteriorados e a posterior reposición dos espesores con mistura asfáltica. Ademais, na travesÃa executarase un novo paso de peóns sobreelevado, que foi solicitado polo concello.
As obras estarán rematadas no prazo aproximado dunha semana e durante o seu desenvolvemento darase paso alternativamente aos vehÃculos sen chegar a cortar o tráfico, dado que rexistra un notable volume de circulación especialmente na tramo urbano.
Balseiro sinalou que esta mellora “é unha das intervencións previstas dentro da programación anual de conservación ordinaria da rede autonómica na provincia”. Neste sentido, sinalou que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) controla o estado das vÃas e atende ás necesidades que presentan para mellorar a seguridade viaria.