Inicio Galicia A Xunta inicia mañá a construción dun itinerario peonil entre Tallós e...

A Xunta inicia mañá a construción dun itinerario peonil entre Tallós e Bexo, en Dodro, cun investimento de case 230.000 euros

0

A actuación, cun prazo duns cinco meses, prevé tres treitos de senda que permitirán completar un itinerario peonil na marxe dereita da estrada AC-305

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezará mañá as obras para a construción dun itinerario peonil e ciclista na estrada AC-305, entre Tallós e Muro Novo, por un investimento de case 230.000 euros.

Os traballos, cun prazo de execución de cinco meses, consistirán na execución de tres tramos de senda, que xunto cos xa existentes, permitirán completar un itinerario peonil na marxe dereita da estrada AC-305, entre os lugares de Tallós e Bexo.

As sendas que se van construír suman máis de 1,5 quilómetros, iniciándose a actuación á entrada de Tallós, entre os puntos quilométricos 2+450 a 2+570, seguindo de Tallós a Muronovo, puntos quilométricos 2+920 a 3+630, e rematando no tramo de Mo a Bexo, puntos quilométricos 5+155 a 5+875.

Ademais, colocaranse unha tubaxe para canalizar as augas de drenaxe, así como unha canalización que permita nun futuro a instalación de alumeado se é preciso.

Cómpre lembrar que esta actuación se enmarca na estratexia deseñada pola Xunta para a promoción de contornos urbanos seguros, fomento da mobilidade sustentable e a mellora da accesibilidade e calidade de vida da cidadanía.

O Goberno galego, mediante este tipo de actuacións, busca dotar os concellos de itinerarios seguros, sustentables e integrados na paisaxe para facilitar os desprazamentos cotiás dos veciños 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre