Inicio Galicia A Xunta inicia hoxe os traballos de mellora da iluminación nos xulgados...

A Xunta inicia hoxe os traballos de mellora da iluminación nos xulgados de Sarria, que reducirán á metade o consumo enerxético neste apartado

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que esta medida e a recente instalación dunha caldeira de biomasa propician unha redución do 86 por cento nas emisións de dióxido de carbono á atmosfera

Hoxe dan comezo as obras de mellora da iluminación do edificio do Xulgado de Sarria, que se estenderán durante unha semana e consistirán na renovación ou instalación de máis de 370 elementos, basicamente cambiando as luminarias existentes por outras de tipo LED e incorporando sensores de presencia. Esta actuación reportará un aforro do 50% do consumo enerxético nas instalacións.O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos están promovidos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e dan continuidade ás medidas de mellora da eficiencia enerxética polas que recentemente se instalou tamén unha caldeira de biomasa no edificio.Balseiro sinalou que o obxectivo é reducir os consumos dos subministros enerxéticos, tanto eléctrico como de gasóleo, en base aos resultados da auditoría enerxética que a Xunta realizou sobre estas instalacións e que aconsellou renovar a iluminación e a caldeira de gasoil. A Consellería de Presidencia investiu en total 62.245 euros nas obras, financiadas con fondos do programa europeo FEDER 2014-2020; deste total, 45.000 euros foron destinados á caldeira e o resto ao proxecto da iluminación que agora se acomete.O informe de auditoría estima que ambas medidas combinadas propiciarán un aforro económico de preto de 2.500 euros ao ano en custos enerxéticos, pero ademais, segundo subliñou o delegado territorial “é tanto ou máis importante o feito de que conseguimos unha redución do 86 por cento nas emisións de dióxido de carbono á atmosfera”. En concreto, o estudo prevé que o indicador global pasará de 62,7 a 8,79 quilogramos de dióxido de carbono por metro cadrado ao ano, que representan 41,15 toneladas evitadas ao ano.Neste sentido, Balseiro asegurou que a Xunta “predica co exemplo, e nos proxectos de mellora que executa nos centros da súa competencia ten en conta os criterios de eficiencia enerxética para reducir custos e emisións contaminantes nas edificacións e nas infraestruturas e servizos públicos”. 

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

- Te recomendamos -