Inicio Galicia A Xunta inicia hoxe as obras de reforzo de firme nas autoestradas...

A Xunta inicia hoxe as obras de reforzo de firme nas autoestradas Puxeiros-Valmiñor e A Coruña-Carballo cun investimento de máis de 320.000 euros

0

Nas dúas autoestradas a reparación localizada do firme inclúe o fresado e reposición con mesturas bituminosas en quente

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia de Infraestruturas e Mobilidade, inicia hoxe as obras de reforzo de firme nas autoestrada AG-57 Puxeiros – Valmiñor, e AG-55 A Coruña-Carballo, cun investimento de máis de 320.000 euros.

Nestas dúas autoestradas realizaranse distintas actuacións en función das necesidades dos distintos treitos da mesma, comezando pola reparación localizada do firme a través do fresado e reposición con mesturas bituminosas en quente no espesor necesario en ambos lados da autoestrada AG-57 e AG-55.

Na autoestrada Puxeiros-Valmiñor os traballos que comezan hoxe executaranse no sentido decrecente da vía, entre o enlace de Vincios e a peaxe entrada a praia, Vincios e Red, así como entre os puntos quilométricos: 8+851e 8+990, 5+668 e 5+650 e 2+479 e 2+500. En sentido crecente, intervirase en Gondomar 11. Esta actuación, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, prevén un prazo de execución de 5 xornadas.

Na autoestrada A Coruña-Carballo, tras rematar recentemente a intervención de reparación localizada de firme, este luns continuarán os traballos coa reparación superficial nos tramos que se corresponden cos seguintes puntos quilométricos: 03 e 05+300, 07+500 e 08+500, 11 e 13, e 15 e 13+800. O prazo estimado desta actuación e de 10 xornadas, sempre que o permitan as condicións meteorolóxicas.

As obras desta nova campaña de reforzo de firme completarase na AG-55 coa substitución da lastra por aglomerado na saída 22, peaxe praia da Laracha. Neste caso a duración dos traballos estímase en 2 días, prevéndose o seu inicio o día 4 de novembro.

O departamento de Infraestruturas da Xunta segue a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións para incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre