Inicio Galicia A Xunta inicia hoxe as obras de mellora de seguridade viaria no...

A Xunta inicia hoxe as obras de mellora de seguridade viaria no lugar da Fraga, ao seu paso polo concello de Valdoviño

0

Esta actuación na estrada AC-566 ten un prazo de execución duns dous meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia hoxe as obras de mellora de seguridade viaria na estrada de titularidade autonómica AC-566, no lugar da Fraga, ao seu paso polo Concello de Valdoviño.

Estes traballos, adxudicados á empresa F. Gómez y Cía S.

L por un importe de máis de 48.000 euros, dispoñen dun prazo de execución duns dous meses.

A actuación supón a ampliación da AC-566 para executar unha nova intersección, no punto quilométrico 6+880, construíndo un carril central de espera en sentido Narón-Valdoviño. Con esta intervención se mellorarán as condicións de visibilidade dos vehículos que pretendan xirar cara a esquerda e que proveñen de Narón, e facilitarán a incorporación á estada autonómica de aqueles vehículos que saian da vía da Fraga en dirección Valdoviño. Máis en concreto, o departamento de infraestruturas da Xunta deseñou nesta punto da estrada autonómica unha solución de intersección con semilúa e carril de incorporación á esquerda.

Deste xeito, se conseguirá un acceso seguro cara ao vial de A Fraga dos vehículos que circulen en sentido Narón-Valdoviño e permitirase o cambio de sentido en ambas direccións.

A Xunta impulsa estes traballos co obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre