Inicio Galicia A Xunta inicia este luns obras de renovación da rede de pluviais...

A Xunta inicia este luns obras de renovación da rede de pluviais na beiravía da estrada AC-429, en Cabana de Bergantiños

0

As actuacións, cun investimento de máis de 46.000 euros, contan cun prazo de execución dun mes

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará este luns as obras de substitución da recollida de pluviais na beiravía da estrada AC-429, en Cabana de Bergantiños.

Estas actuacións, adxudicadas á empresa Construcciones López Cao, S.

L. por un investimento de máis de 46.000 euros, contan cun prazo de execución dun mes. Os traballos levaranse a cabo no tramo da estrada autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 3+920 e 4+140, nunha beiravía que se emprega como aparcadoiro.

O obxecto destas obras consiste na renovación da rede de pluviais existente para solucionar as súas carencias e mellorar o seu funcionamento.

Para isto, será necesario demoler o pavimento actual e escavar a gabia que permita extraer a tubaxe antiga e substituíla por outra de PVC.

Tamén se reporá o firme da beiravía co estendido de mestura bituminosa en quente.

Ademais, co fin de mellorar a drenaxe cara aos sumidoiros, procederase ao fresado e reposición de todo a beiravía, así como do carril que está a carón da mesma. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre