Inicio Galicia A Xunta inicia este luns as obras de execución dunha senda peonil...

A Xunta inicia este luns as obras de execución dunha senda peonil na estrada autonómica PO-402, ao seu paso polo núcleo de Leirado, no concello de Salvaterra de Miño

0

Esta intervención, cun orzamento autonómico de máis de 48.000 euros, dispón dun prazo de execución duns tres meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia este luns a execución das obras de construción dunha senda peonil na estada autonómica PO-402, ao seu paso polo núcleo de Leirado, no concello de Salvaterra.

Esta actuación, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, dispón dun prazo estimado de execución de tres meses.

Executarase un itinerario para tránsito peonil seguro no treito desta estrada, entre os puntos quilométricos 5+240 e 5+720, co obxectivo de dar servizo aos veciños nos seus desprazamentos ao centro social e á Igrexa de San Roque.

A nova senda peonil conectará os treitos de beirarrúas existentes e discorrerá pola marxe dereita da PO-402, entre os puntos quilométricos 5+240 e 5+370 e pola marxe esquerda, entre os puntos 5+390 e 5+720.

Construirase unha senda duns 2 metros de ancho con pavimento de formigón con cor e nos puntos onde sexa necesario executarase un muro de contención de terra de altura media de 1 metro.

No contrato desta obra inclúese a drenaxe da vía, que se resolverá cun novo colector de pluviais, cos seus correspondentes pozos de rexistro e sumidoiros 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre