Inicio Galicia A Xunta inicia este luns as obras da nova senda na PO-225...

A Xunta inicia este luns as obras da nova senda na PO-225 entre Alba e San Caetano, en Pontevedra

0

A actuación suporá un investimento próximo aos 640.000 euros, tendo en conta o pagamento das expropiacións necesarias

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará este luns os traballos de construción da nova senda peonil na estrada autonómica PO-225 entre Alba e San Caetano, en Pontevedra.

A actuación suporá un investimento da Xunta próximo aos 640.000 euros, tendo en conta o pagamento aos titulares das 36 fincas necesarias para levar a cabo os traballos, e conta cun prazo de execución de 6 meses. En vindeiras semanas, conforme avancen os traballos, prevense afeccións ao tráfico, que serán comunicadas coa debida antelación. Construirase unha senda duns 600 metros no treito da estrada PO-225, que conecta as poboacións de Alba e San Caetano e as empresas situadas na zona, e que que coincide coa traza do Camiño de Santiago Portugués.

A senda executarase pola marxe esquerda da estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 0+370 e o 0+940, e desde o 0+820 ao 0+910 pola marxe dereita. Para acometer este itinerario será necesario rectificar a curva existente entre os puntos quilométricos 0+860 e 0+940; reordenar a intersección no punto 0+910, mellorando a súa seguridade; e instalar unha pasarela de 13,10 m de lonxitude sobre o río Cortes, que permite evitar o tránsito de peóns por un punto estreito da estrada.

Esta intervención ten por finalidade incrementar a seguridade de veciños e dos peregrinos nos seus desprazamentos polo Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Alba e San Caetano.

O obxectivo da Xunta é ter finalizados os traballos este mesmo ano e que a senda estea lista para ser empregada polos peregrinos que acudan a Compostela no Xacobeo 2021. O itinerario foi planificado polo Goberno galego no marco do Plan de Sendas na comarca de Pontevedra, cofinanciadas con Fondos FEDER 2014/2020. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre