Inicio Galicia A Xunta inicia esta semana actuacións de mellora do firme en varias...

A Xunta inicia esta semana actuacións de mellora do firme en varias estradas autonómicas da área da Coruña por un investimento de preto de 600.000 euros

0

As vías obxecto destes traballos desenvólvense polos concellos da Coruña, Sada, Oleiros, Cambre ou Culleredo, entre outros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar esta semana as obras de mellora do firme en varias estradas autonómicas da área da Coruña por un investimento de preto de 600.000 euros.

As actuacións están a ser acometidas pola empresa Arias Infraestruturas S.

A. e dispoñen dun prazo de execución duns 4 meses aproximadamente.

Os traballos que se están a executar teñen como obxectivo rehabilitar a capa de rodadura naqueles treitos que presenten carencias para prolongar a vida útil do pavimento. Estas actuacións tamén se complementarán con traballos de reposición da sinalización horizontal.

O contrato contempla a reparación do firme na estrada Sada- Mera (AC-163), entre os puntos quilométricos 1+500 e o 5+350 e 9+100 e 9+600, nos municipios de Sada e Oleiros; e na que conecta Espírito Santo e Oleiros, entre o punto quilométrico 0 e 0+600, no Concello de Sada.

Tamén se mellorará a capa de rodadura na estrada entre Guísamo e Sigrás (AC-214), entre o punto quilométrico 1+850 e 8+540, en Cambre; e na vía San Pedro de Nós- Mabegondo (AC-221), no treito entre o punto quilométrico 1+500 e 5+150, ao seu paso por Cambre e Oleiros.

Outra estrada que será obxecto destas obras de acondicionamento será a que une Sigrás e Muros (AC-400), ao seu paso polos municipios de Laracha, Cerceda e Culleredo.

Tamén se levarán a cabo estes traballos de reparación na estrada AC-415, no Concello da Coruña, e na vía que conecta A Coruña e Cee (AC-552), nos Concellos de Laracha e Carballo.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade impulsa estes traballos co obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre